Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.416 novas da área temática Medio ambiente:

29/04/2025 | 13:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia os traballos do Programa para a recuperación de edificacións de especial valor arquitectónico, histórico e cultural no litoral

Esta iniciativa busca a recuperación de inmobles preexistentes de especial interese co obxectivo e crear unha rede de establecementos turísticos de calidade

29/04/2025 | 13:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
26/04/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 2,6 M€ en axudas a 63 concellos co fin de mellorar e adquirir puntos limpos fixos e móbiles para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e galegas

Ángeles Vázquez salienta o éxito da última convocatoria de incentivos para garantir a correcta xestión dos residuos especiais que quedan fóra da recollida domiciliaria e anuncia unha ampliación de crédito para atender todas as solicitudes que cumpren

24/04/2025 | 15:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia reduce as súas emisións contaminantes a un ritmo cinco veces maior que o conxunto de España

Ángeles Vázquez anima á mocidade galega a ser “parte activa” da acción climática e contribuír a consolidar a actual posición da comunidade, que lidera un ano máis a nivel nacional a redución de emisións netas de gases de efecto invernadoiro

24/04/2025 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede máis de 30 axudas por un importe de 90.000€ para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras

Ángeles Vázquez sinala que o obxectivo destes apoios é contribuír a garantir a preservación deste patrimonio natural na Comunidade

23/04/2025 | 17:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A primeira fase da EDAR da Silvouta, na que a Xunta inviste case 11 M€, estará en marcha a finais deste verán

A futura planta, cun investimento estimado en 60 M€, forma parte dun plan global para mellorar as infraestruturas hidráulicas que dan servizo a Santiago de Compostela

23/04/2025 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta axudará con máis de 50.000 € ao concello de Boqueixón a adaptar un espazo público municipal aos efectos do cambio climático con solucións naturais

O proxecto, financiado nun 80% pola Consellería, mitigará o efecto illa de calor da actual área de estacionamento coa substitución do pavimento asfáltico por outro permeable e cunha franxa lateral verde con árbores autóctonas que dean sombra

23/04/2025 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a contribución do sector do papel reciclado ao cumplimento dos obxectivos en materia de economía circular e neutralidade climática

María José Echevarría explica que Galicia xa supera os obxectivos marcados para o ano 2030 tanto en porcentaxe de recollida separada como de reciclaxe

22/04/2025 | 18:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Dirección de Mercados de Carbono da Comisión Europea analizan as oportunidades para Galicia do fondo social para o clima

Esta iniciativa ten previsto mobilizar ao redor de 86.700 M€ de financiamento público durante o período 2026-2032, procedentes das poxas do Réxime de Comercio de Dereitos de Emisión e de fondos dos Estados membros