Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede máis de 30 axudas por un importe de 90.000€ para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras
Ángeles Vázquez sinala que o obxectivo destes apoios é contribuír a garantir a preservación deste patrimonio natural na Comunidade
A primeira fase da EDAR da Silvouta, na que a Xunta inviste case 11 M€, estará en marcha a finais deste verán
A futura planta, cun investimento estimado en 60 M€, forma parte dun plan global para mellorar as infraestruturas hidráulicas que dan servizo a Santiago de Compostela
A Xunta axudará con máis de 50.000 € ao concello de Boqueixón a adaptar un espazo público municipal aos efectos do cambio climático con solucións naturais
O proxecto, financiado nun 80% pola Consellería, mitigará o efecto illa de calor da actual área de estacionamento coa substitución do pavimento asfáltico por outro permeable e cunha franxa lateral verde con árbores autóctonas que dean sombra
A Xunta salienta a contribución do sector do papel reciclado ao cumplimento dos obxectivos en materia de economía circular e neutralidade climática
María José Echevarría explica que Galicia xa supera os obxectivos marcados para o ano 2030 tanto en porcentaxe de recollida separada como de reciclaxe
A Xunta e a Dirección de Mercados de Carbono da Comisión Europea analizan as oportunidades para Galicia do fondo social para o clima
Esta iniciativa ten previsto mobilizar ao redor de 86.700 M€ de financiamento público durante o período 2026-2032, procedentes das poxas do Réxime de Comercio de Dereitos de Emisión e de fondos dos Estados membros
A Xunta salienta que Galicia consolida a súa posición como a comunidade que máis reduce as emisións netas contaminantes, cun 61,7% menos que no ano 1990
Ángeles Vázquez destaca a importancia da industria química galega para avanzar no cumprimento dos grandes obxectivos de descarbonización e transición enerxética
A Xunta sanciona catro persoas por pesca irregular no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas por importe global de máis de 17.000 euros
Os tres expedientes resoltos dan resposta ás denuncias dos axentes presentes na zona ao constatarse infraccións pola práctica da pesca deportiva no ámbito deste espazo protexido, á que se suma nalgún caso a navegación e fondeo sen autorización
Preto de 500 estudantes de secundaria participan na primeira edición do concurso da Xunta #ParqueVibras para dar a coñecer o patrimonio natural galego
Todas as videocreacións presentadas ao certame recibiron ata o momento 22.000 visualizacións a través de Instagram, TikTok e YouTube e case 8.000 me gustas
Galicia alíase con cinco rexións europeas nun proxecto que destinará 9,3 M€ a buscar solucións innovadoras de adaptación ao cambio climático
Os outros participantes na iniciativa, financiada con cargo ao programa Horizon Europe e que se porá en marcha esta primavera, son Guadeloupe e Estrasburgo, en Francia; Roma, en Italia; Banksa Bystrica, en Eslovaquia; e a illa grega de Egaleo
A Xunta reitera a súa reclamación ao Goberno central polo dano ambiental e os custos xerados polo episodio dos pellets
Mentres que o Goberno galego actuou coa máxima celeridade e responsabilidade poñendo en marcha un dispositivo por terra, mar e aire, o Executivo central apenas mobilizou medios para mitigar a chegada dos pellets á costa da Comunidade