Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.017 novas da área temática Turismo:

23/04/2025 | 20:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Primavera de Portas Abertas arrinca en maio a 14 edición cunha forte aposta polas experiencias singulares ao redor do enoturismo

Turismo de Galicia presentou a programación para 2025 que se desenvolve en colaboración coas cinco rutas do viño

23/04/2025 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

Os concertos do Xacobeo apoian unha nova edición do Festival de la Luz que entregou os fondos solidarios recadados o pasado ano

A directora de Promoción de Turismo de Galicia participou no acto ao que tamén asistiu a madriña do evento, Luz Casal

23/04/2025 | 14:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 200.000 euros para a construción dun albergue de peregrinos en Noia ao abeiro da intervención Leader

A conselleira visitou esta mañá as instalacións, situadas na antiga fábrica de curtidos da familia Cadarso, que puideron rehabilitarse grazas ao impulso do Grupo de Desenvolvemento Rural Deloa

22/04/2025 | 17:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Marc Anthony actuará de novo en Galicia o vindeiro 13 de xullo no porto da Coruña da man dos concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia xunto coa delegada provincial, Belén do Campo, presentou a cita na pretende posicionar a cidade herculina como un destino clave para grandes espectáculos internacionais

22/04/2025 | 12:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o impulso do Caudal Fest á promoción dos recursos turísticos locais de Lugo e o impacto económico na cidade

O cartel definitivo deste evento incluído nos Concertos do Xacobeo que impulsa a Xunta de Galicia desvelouse hoxe nun acto no Concello de Lugo, no que participou o director de Turismo de Galicia, xunto co delegado da Xunta, Javier Arias

21/04/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de máis de 113.000 euros para potenciar o atractivo turístico do concello de Corcubión

Este municipio recibiu dúas axudas para a rehabilitación sustentable da capela do Pilar para sala de exposicións e para a mellora da accesibilidade do campo de San Antonio

20/04/2025 | 15:35 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o bo facer do sector vitivinícola da Ribeira Sacra e a importancia do enoturismo como un dos atractivos do Destino Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na XLIII Feira do Viño de Quiroga, na que este ano se dan cita 13 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

16/04/2025 | 18:32 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o potencial turístico da comarca de Valdeorras baseado na enogastronomía

O director de Turismo de Galicia puxo en valor a Festa da Vitela en O Bolo e a tradición enolóxica das Covas de Larouco

16/04/2025 | 18:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o papel da Mostra de Encaixe de Camariñas no labor de divulgación e renovación do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na inauguración da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña