Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.688 novas da área temática Áreas temáticas:

30/08/2026 | 10:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta os máis de 2.100 proxectos atendidos na provincia da Coruña a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

Ademais, os tres polos activos en Ferrol, Coristanco e Melide teñen contribuído xa á creación de máis de 260 novas empresas, consolidando así esta iniciativa autonómica como unha das principais vías de canalización das novas ideas de negocio en Galicia

30/08/2026 | 09:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os máis de 2.000 proxectos asesorados en Pontevedra a través da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

Os Polos de Silleda, O Porriño e Vilanova de Arousa contribuíron xa á posta en marcha de 135 novas empresas

29/08/2026 | 20:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a Noite Meiga de Sarria na súa primeira celebración como Festa de Interese Turístico de Galicia

O director de Turismo de Galicia participou na celebración onde salientou que con este recoñecemento, son xa 37 festas da provincia de Lugo que contan con esta distinción

29/08/2026 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta despide aos nenos saharauís do Programa Vacacións en Paz que pasaron o verán en Galicia con familias de acollida

Galicia é a terceira comunidade con máis menores acollidos este ano no marco deste programa, arredor de 280

29/08/2026 | 19:46 | C. do Mar

Villaverde destaca a ofrenda aos mariñeiros de Meira como un tributo de xustiza á memoria e ao traballo da xente do mar

Durante o evento homenaxeouse a Fernando Malvido, encargado do discurso e a ofrenda floral, e a María Trigo, pioneira ao converterse en 1980 na primeira muller do Morrazo en obter a libreta marítima

29/08/2026 | 18:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potencia o labor do centro comercial aberto Celanova Chea co seu apoio á Feira Stock e destaca a traxectoria desta cita a prol do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á décima edición desta cita organizada pola Asociación Celanova Chea co apoio do Goberno galego

29/08/2026 | 17:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia con 110.700 euros os proxectos de modernización de cinco establecementos turísticos da comarca de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o esforzo do sector para incrementar a competitividade “nun dos territorios con maior proxección da provincia”

29/08/2026 | 17:56 | Axencia de Turismo de Galicia

O Valadouro acollerá as ‘Festas do Oito’ do 4 ao 7 de setembro, co apoio da Xunta

O delegado territorial participou na presentación da programación, que comezará cunha degustación gratuíta de mexillóns e rematará coa celebración do Día do Neno

29/08/2026 | 14:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural achega a calidade diferenciada a novos públicos no Festival da Luz

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe a este evento, no que a Consellería desenvolve un amplo programa de promoción das producións galegas certificadas