Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

06/07/2025 | 09:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar a renovación do firme en 3 estradas ao paso por 8 concellos do sur da provincia de Pontevedra, cun investimento de 2 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-253 e PO-354, que discorren polos concellos de Ponteareas, Pazos de Borbén, A Guarda, O Rosal, Oia, Salvaterra do Miño, As Neves e Mondariz

05/07/2025 | 09:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao seminario

Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen, cun investimento total de 2,8M€

04/07/2025 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acometerá este verán as obras de cambio da cuberta do CEIP As Mercedes de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos se tramitarán pola vía de urxencia coa intención de que estean rematados ao inicio do próximo curso

03/07/2025 | 15:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a falta de infraestrutura eléctrica está a ser un freo para a descarbonización da industria

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu hoxe na inauguración da xornada Descarbonización e economía circular na industria, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

03/07/2025 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta apoia o comercio de proximidade coa nova campaña En Xullo, sorpresas do barrio vigués das Travesas

A delegada territorial, Ana Ortiz, salienta a iniciativa do Centro Comercial Aberto Aetravi que se celebra entre o 1 e o 18 de xullo

02/07/2025 | 14:17 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza que a reforma integral do centro de saúde de Conxo rematará no primeiro trimestre de 2026 logo dun investimento da Xunta de 5,2 millóns de euros

O titular de Sanidade visitou unhas obras de ampliación e mellora, que están a avanzar a bo ritmo e acadan o 20 % de execución 

02/07/2025 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arrancan as obras da remodelación das avenidas de Puxeiros e do Rebullón no concello de Mos, nas que a Xunta colabora cun investimento de 600.000€

A actuación transformará esta contorna do centro urbano de Mos nun espazo accesible, verde e sostible, que incrementará notablemente o espazo para uso peonil

01/07/2025 | 19:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/07/2025 | 15:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda co alcalde de Lugo os investimentos autonómicos para impulsar melloras na cidade en infraestruturas, medio ambiente, cultura e sanidade

O Goberno galego reiterou a súa disposición a colaborar nos proxectos do Museo da Romanización, nas conexións coa A-6 e, entre outros temas, co saneamento e abastecemento de Esperante

30/06/2025 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta renova o convenio do centro da área Rexurbe de Mondoñedo, por un importe de 175.000€

O Goberno galego cofinancia o 60% dos medios humanos e materiais da oficina de información municipal da Área Rexurbe durante dous anos máis, ata xuño de 2027