Actualidade
Buscador de novas
A Xunta iniciará a próxima semana a segunda fase das obras de conservación para reducir o risco de inundación no río Belelle, en Neda
Ángeles Vázquez salienta que no marco da primeira fase elimináronse 1.067 m3 de sedimentos nun tramo de 200 metros, actuación que aumentou a capacidade hidráulica desta zona, incrementando a súa resistencia ante posibles enchentes
A Xunta realiza un seguimento dos areais da comarca do Barbanza para comprobar o seu estado ante aparicións puntuais de pellets en varias praias
O Executivo galego, que apela á prudencia e responsabilidade do resto de administracións, constatou a presenza testemuñal de partículas nalgunhas praias e continuará traballando sobre o terreo para calibrar as dimensións deste episodio
A Xunta destina máis de 120.000 € a actuacións na Serra da Enciña da Lastra a través do seu plan integral de acción na rede galega de parques naturais
Ángeles Vázquez avanza que este ano se executarán labores silvícolas para a recuperación e mellora dos hábitats de soutos e aciñeirais característicos deste parque e que incluirán rozas, podas e plantación de novos exemplares de castiñeiros
A Xunta pon en marcha unha plataforma tecnolóxica de apoio ás empresas e entidades galegas nas súas accións fronte ao cambio climático
Paula Uría explica que este servizo de asesoramento especializado ten como obxectivo capacitar e axudar ás entidades adheridas á Alianza galega polo clima a definir o seu camiño no reto da transición enerxética e a acción climática
Galicia presenta un total de 116 praias como candidatas a optar á Bandeira Azul en 2025
É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo no marco da edición deste ano, con 41 na provincia da Coruña, 16 na de Lugo e 59 en Pontevedra
A Xunta exixe ao Goberno central a rectificación do visor que considera o 100% do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos
Ángeles Vázquez explica que de aplicar en Galicia a zonificación orientativa ambiental para o desenvolvemento de proxectos eólicos, practicamente non se podería instalar ningún parque eólico na Comunidade
Rueda celebra o sobresaínte nivel da enxeñería galega e o seu compromiso coa sustentabilidade na entrega dos XIII Premios San Telmo
Destacou o labor realizado polo proxecto gañador, as actuacións na estación depuradora de augas residuais dos Praceres (Pontevedra), que conta co proceso de depuración de maior intensidade de toda Europa
A Xunta dá luz verde ambiental ás repotenciacións de tres parques eólicos coas que se eliminarán máis dun cento de aeroxeradores
Os proxectos Coriscada, Serra da Panda e Muras, que suman unha potencia de preto de 90 megavatios, pasarán de contar cun total de 124 muíños a só 23
A Xunta insta ao Goberno central a concluír xa o traspaso dos recursos precisos para que Galicia poida exercer as súas competencias sobre o litoral
O ministro de Política Territorial e Memoria Democrática comprometeuse a continuar sen demora con este proceso na súa resposta á carta enviada polo presidente da Xunta o pasado mes de xaneiro
A Xunta presenta a estratexia de infraestrutura verde e avanza na súa execución coa publicación por 2 M€ das primeiras axudas para proxectos municipais neste eido
As entidades locais poderán solicitar en febreiro achegas de ata 60.000 euros para impulsar refuxios climáticos a nivel local, aumentar a biodiversidade dos espazos urbanos e mellorar as súas contornas verdes e fluviais, entre outras accións