Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.935 novas da área temática Cultura:

06/07/2025 | 10:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca a primeira edición do certame ‘Bibliotecas que inspiran’

Con esta actuación, o Goberno galego pretende dar continuidade ao Premio á innovación bibliotecaria de Galicia

05/07/2025 | 13:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra coa veciñanza da Estrada a primeira Rapa das Bestas de Sabucedo con recoñecemento de Ben de Interese Cultural

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asiste ao festexo, ao que se lle acaba de dar a máxima protección polo seu valor cultural sobranceiro

05/07/2025 | 13:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta completa os traballos na Igrexa de San Martiño de Lousada coa reordenación do cemiterio

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, comprobou o resultado das obras nas que a Xunta investiu máis de 200.000 €

05/07/2025 | 12:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta promove os valores da formación musical entre a mocidade co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

José López Campos abre a xornada lembrando a importancia de apoiar o traballo destas agrupacións, que realizan “un labor indispensable na formación dos músicos máis novos”

05/07/2025 | 11:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

As axudas da Xunta ao talento audiovisual distribúen 176.000 euros entre 11 curtas e longametraxes

Publícase a concesión da convocatoria de 2025, a través da que se apoia a realización de seis obras en formato curto, a posprodución doutras dúas e a produción de tres longametraxes de dirección novel, todas elas en versión orixinal galega

05/07/2025 | 09:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha experiencia interactiva para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das Illas Atlánticas grazas á realidade virtual

A actividade ‘O mar en 360º’, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa o mesmo día da visita no propio arquipélago, comezou esta semana na illa de Ons

04/07/2025 | 14:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conta con máis de 16.700 títulos na plataforma GaliciaLe e realizou máis de 124.000 préstamos no que vai de ano

Son datos que dá a coñecer a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con motivo do Día do Libro Electrónico, marcado no calendario da lectura e do libro de Galicia

04/07/2025 | 13:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses celebra a incorporación dunha experiencia de arte, danza urbana, tecnoloxía e natureza na campaña de verán

A iniciativa ofrece 90 prazas no marco da programación estival Modo verán activo, que este ano desfrutan 11.630 rapaces e rapazas en toda Galicia

04/07/2025 | 12:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conclúe a declaración da Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia

O Goberno galego concédelle este recoñecemento na categoría de patrimonio inmaterial polo seu “valor sobranceiro” mantido desde hai máis de tres séculos

04/07/2025 | 12:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García agradece a contribución ao impulso do uso e prestixio do galego dos Premios de Microrrelatos de Feiraco

O certame recoñece a Ramón Domínguez, Tomás Rodríguez e Gema Rojo, na categoría adulta, e Adriana González, Adara Soto e Gabriel Capón, na xuvenil