Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe o informe definitivo do CEDEX sobre a dragaxe do Lérez e remitiráo ao MITECO para que autorice o punto de depósito
O documento final do Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico dependente do MITECO, reitera que a zona E8, no exterior de Sálvora, debe ser considerada “alternativa prioritaria” para o conxunto das rías Baixas
A Xunta empregará a capela de Cortegada como centro de recepción de visitantes e punto de difusión cultural tras investir 600.000 euros na súa rehabilitación
Os traballos permiten poñer o templo en valor como un elemento máis do patrimonio de Galicia e que estea a disposición tanto do conxunto da cidadanía da comunidade como dos visitantes da illa
A Xunta e a Deputación de Pontevedra reforzarán a educación ambiental nos centros de ensino da provincia para concienciar sobre a correcta xestión dos residuos
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é fomentar actitudes cívicas e de corresponsabilidade que reforcen a formación realizada polos colexios, adecuando o programa de iniciativas ás demandas e necesidades de cada un deles
A Xunta e o concello de Ourense colaboran no deseño e execución dun proxecto piloto de refuxio climático cun investimento de 450.000 €
Ourense será a primeira cidade galega na que se recorra á plantación de árbores e a outras solucións naturais para combater os efectos do quecemento global
Rueda afirma que Galicia asume “con orgullo e responsabilidade” a xestión plena do seu litoral
Con este “acordo histórico” culmínase o proceso de transferencia para aplicar o autogoberno galego sobre unha franxa costeira de 2.500 km na que hai máis de 4.000 edificacións de todo tipo, incluíndo máis de 100 empresas do complexo mar-industria
A Xunta licita por 42.600 € a elaboración dun plan específico para zonificar a implantación de vertedoiros de residuos non perigosos en Galicia
Grazas a esta ferramenta, pioneira en todo o país, poderá determinar que lugares son aptos ou non para albergar novas instalacións deste tipo, aliviando a presión sobre as xa existentes e minimizando o seu posible impacto ambiental e paisaxístico
A Xunta avanza na tramitación para a construción da planta de residuos téxtiles de Sogama coa emisión do informe de impacto ambiental
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático sobre o proxecto non prevé un impacto significativo na contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio documento e nos informes sectoriais
A Xunta salienta o compromiso medioambiental de Aluminios Cortizo como exemplo de éxito da aposta empresarial pola sostibilidade e a circularidade
Ángeles Vázquez pon en valor que o 70% das empresas sometidas a autorización ambiental integrada en Galicia cumpren “estritamente” coa normativa vixente e van máis alá do exixido, o que demostra a súa concienciación coa protección da contorna
O xerente do Servizo Galego de Saúde remarca o firme compromiso co reto climático na sanidade, que sitúa Galicia á vangarda
Incide en que Galicia é pioneira na integración da descarbonización na planificación sanitaria, grazas a unha estratexia clara e á implicación dos profesionais do Sergas
MeteoGalicia supera xa as 30.000 visitas de escolares desde 2006 dando a coñecer o seu labor e a relevancia de estudar os fenómenos meteorolóxicos
Ángeles Vázquez destaca que este tipo de actividades formativas contribúen a ampliar os coñecementos do estudantado sobre o estudo do clima e a promover a investigación na escola mediante a observación directa do tempo