Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 673 novas da área temática Auga:

16/11/2026 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto para construír unha nova depuradora en Cee

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/11/2026 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o traballo de Augas de Galicia para garantir a conservación dos ríos e anticiparse aos efectos do cambio climático

Nicolás Vázquez Iglesias sinala que se trata dun labor continuo, que se desenvolve ao longo de todo o ano, cun triplo obxectivo: reducir os riscos, favorecer a conectividade fluvial e conservar os nosos ecosistemas

05/11/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estende a alerta por escaseza de auga ás concas de Ferrol, A Coruña, costa de Pontevedra e Vigo ante o descenso sostido dos recursos hídricos

Acórdase manter tamén a situación de seca prolongada en toda a demarcación de Galicia-Costa xa que as precipitacións seguen por debaixo dos niveis habituais, declaración que non implica por si mesma restricións nos usos e consumos de auga

26/10/2026 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta mobiliza máis de 34 M€ nunha ducia de actuacións para reducir o risco de inundacións na conca hidrográfica Galicia-Costa

Resalta que cómpre estar preparados para facer fronte aos efectos “do contexto do cambio climático no que nos atopamos”

23/10/2026 | 10:27 | C. de Sanidade

A Xunta constata a reiterada presenza de metais pesados na auga de acometidas municipais de Beade, en Vigo, e empraza a tomar medidas

As novas mostras recollidas por Saúde Pública confirman que se superan os límites establecidos en varios puntos da rede da Zona de Abastecemento de Quintián

21/10/2026 | 15:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incentivará a concellos e empresas para avanzar na redución das perdas de auga e na reutilización dos recursos hídricos

Ángeles Vázquez explica que se propón reducir nun 10% o canon por perdas de auga aos municipios que faciliten información sobre as fugas nas súas redes

20/10/2026 | 18:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade

Na xuntanza analizouse o proxecto municipal para reforzar o servizo cunha captación superficial no río Avia

19/10/2026 | 14:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Carral avalían medidas para a mellora do saneamento na localidade

Na xuntanza abordáronse os proxectos municipais para mellorar este servizo nas parroquias de San Vicente e Cañás

16/10/2026 | 16:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Castro de Rei destinan 1,35 M€ para a modernización da estación potabilizadora de Quintela para garantir a máxima calidade da auga

Ángeles Vázquez incide en que con esta actuación se blinda o servizo de abastecemento de auga tanto para os fogares, como para o sector gandeiro e industrial do municipio, que xeran emprego e contribúen a fixar poboación no rural