Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 47 novas da área temática Clima:

10/11/2026 | 11:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o papel divulgador de Meteogalicia coa achega de información científica á sociedade

Nicolás Vázquez salienta que como un dos servizos meteorolóxicos de referencia en Galicia desenvolve un labor público esencial para planificar o día a día das persoas e tamén é clave para actividades como o marisqueo, a agricultura ou o turismo

05/11/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estende a alerta por escaseza de auga ás concas de Ferrol, A Coruña, costa de Pontevedra e Vigo ante o descenso sostido dos recursos hídricos

Acórdase manter tamén a situación de seca prolongada en toda a demarcación de Galicia-Costa xa que as precipitacións seguen por debaixo dos niveis habituais, declaración que non implica por si mesma restricións nos usos e consumos de auga

03/11/2026 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a temperatura media foi de 15,5 graos, que é 1 grao máis que os valores normais

03/11/2026 | 13:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o descenso dos incendios e da superficie afectada no que vai de ano e reafirma a súa aposta pola prevención

A conselleira, María José Gómez, destaca que case oito de cada dez lumes rexistrados en Galicia quedaron en conatos, cunha superficie afectada inferior a unha hectárea

23/10/2026 | 16:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta presenta o Catálogo de Boas Prácticas en Acción Climática para poñer en valor o traballo das entidades galegas máis comprometidas neste eido

Ángeles Vázquez explica que esta materia é un reto compartido e presente en todos os sectores da sociedade ademais dunha oportunidade para innovar e camiñar cara un territorio neutro en emisións

22/10/2026 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa desde esta noite a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)

19/10/2026 | 15:20 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia da Ponte do Porto

O lume iniciouse ás 22,19 horas do sábado 17 e finalmente afectou unha superficie de 25,47 hectáreas, das cales 13,47 son de monte raso e 12 de arborado

07/10/2026 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido desde o ano 1961, cunha temperatura media 2,4 graos máis alta do habitual

Ángeles Vázquez salienta tamén que foi un período seco no conxunto da Comunidade, con precipitacións escasas e concentradas nas xornadas dos días 8, 29 e 30

06/10/2026 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta activa hoxe a alerta laranxa por chuvia no interior da Coruña e no centro e montaña de Lugo

Suspéndense as actividades escolares no exterior, desde as 15 horas, e a actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior, nos concellos afectados polo fenómeno meteorolóxico adverso