Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 524 novas da área temática Emigración:

11/10/2026 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Córdoba o papel dos centros galegos do exterior na conexión coa Galicia de hoxe e como embaixadores do Xacobeo 2027

O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 visitaron o Centro Galego de Córdoba e participaron na presentación do Ano Santo Xacobeo 2027

10/10/2026 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a especial relación entre o Camiño de Brochero e a ruta Xacobea como símbolo da importancia da galeguidade no país

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse na Arxentina co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e posteriormente visitou o Centro de Interpretación O Camiño de Brochero

09/10/2026 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza en Montevideo a fortaleza dos lazos entre Galicia e O Uruguai como impulsores da proxección do Xacobeo 2027

O secretario xeral da Emigración e o comisario do Xacobeo 2027 participaron na celebración da Festa da Hispanidade en Montevideo celebrada na Embaixada de España na que Galicia participou como Comunidade convidada de honra

08/10/2026 | 17:29 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promociona en Uruguai o Xacobeo 2027 coa exposición ‘Mes do Camiño’

A proposta inclúe unha exposición fotográfica sobre os diferentes itinerarios xacobeos, un ciclo de cine e xornadas con expertos sobre o Camiño de Santiago

08/10/2026 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra na arxentina o éxito do Programa Conecta con Galicia no Camiño como mostra da ilusión por retornar da comunidade no exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tomou parte na entrega de compostelas a 39 das persoas participantes este ano na iniciativa, onde destacou que case 700 galegos da Arxentina retornaron en 2024, último exercicio con rexistros

06/10/2026 | 16:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta en Ferrol recibe ás novas persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior no Campus Industrial

As bolsas BEME, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, están destinadas a cubrir gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención durante a realización de mestrados nas universidades públicas de Galicia

03/10/2026 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o próximo curso a convocatoria de 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior tras ter concedido case 2.000 nunha década con máis de 18 M€

Ante as bolseiras e bolseiros deste curso 2026-2027, José González valora a iniciativa que promove mestrados nas tres universidades públicas para impulsar o retorno, a atracción de talento cualificado e o progreso demográfico e socioeconómico de Galicia

24/09/2026 | 15:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a estabilidade política e económica e o seu potencial de futuro como contribución de Galicia á mellora global

Sinala que “a estabilidade permítenos dedicarnos a cumprir coas obrigas que os cidadáns nos encomendan”

23/09/2026 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración