Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 458 novas da área temática Discapacidade:

17/08/2026 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar as axudas autonómicas para persoas con ELA

Esta iniciativa, pioneira no conxunto do país, achega 12.000 euros anuais aos afectados para sufragar os gastos derivados desta enfermidade

11/08/2026 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a inclusión e a integración a través dos campamentos de verán para persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos participantes que desfrutan estes días no albergue xuvenil de Gandarío

01/08/2026 | 17:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García recoñece o compromiso de Adisbismur coa mellora da calidade de vida e da inclusión das persoas con discapacidade

A conselleira de Política Social e Igualdade participa na IV Festa dos Callos Solidaria de Outes, onde destaca o labor da entidade, das familias e das 200 empresas colaboradoras

01/08/2026 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comproba o avance das obras da nova residencia para persoas con discapacidade de Outes na que a xunta inviste 2 M€

A conselleira de política social e igualdade destaca que o novo recurso terá capacidade para aloxar a 24 usuarios, dando resposta ás necesidades das familias da comarca

31/07/2026 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca as axudas autonómicas de 12.000€ anuais para as persoas con ELA

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria destas achegas pioneiras dotada con 2,1M€ 

31/07/2026 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de 17 entidades sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego

Con esta medida, enmarcada no compromiso coa atención á diversidade da poboación escolar, o Goberno galego cubre o 100% do gasto derivado dos traslados

30/07/2026 | 16:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora cos proxectos de vida independente para persoas con discapacidade que desenvolve EVD Galicia

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, explicou que o Executivo galego destina máis de 4,2M€ ao ano a financiar 146 prazas nos centros de Crecente e Mos  

28/07/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor os máis de 30 anos de compromiso de Aspadisol en favor das persoas con discapacidade de Oleiros e das súas familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na xornada de portas abertas organizada pola entidade para dar a coñecer o seu centro ocupacional