Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 662 novas da área temática Pesca:

18/09/2024 | 13:23 | C. do Mar

Villares sinala que o proxecto TransformAr sitúa a Galicia como pioneira na adaptación ao cambio climático da produción sostible de moluscos bivalvos

O responsable autonómico enxalza como modelo a elaboración do Índice de Resiliencia Operativa do proceso de cultivo de mexillón na ría de Arousa a cargo do grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo

18/09/2024 | 09:26 | C. do Mar

Villares lamenta a perda de 10 meses para rectificar e integrar os aspectos socioeconómicos, habilitar maiores TAC e flexibilizar a súa administración

O titular de Mar trasladou a necesidade de perfeccionar e transparentar o sistema de negociación de cara aos vindeiros anos para evitar sentar un precedente negativo na determinación das TAC

17/09/2024 | 21:08 | C. do Mar

Villares destaca a potencialidade de Galicia no mercado internacional como proveedora de produtos de calidade, obtidos de forma responsable, sostible e con total garantía de seguridade alimentaria

O conselleiro felicitou á organización pola iniciativa, definíndoa como entidade vertebradora na defensa conxunta dos intereses económicos, sociais e medioambientais deste sector maioritario a nivel europeo

17/09/2024 | 14:07 | C. do Mar

A Xunta leva mobilizados máis de 50 millóns de euros en accións e inversións dirixidas á recuperación da actividade marisqueira

Villaverde destaca a aposta do Goberno galego pola investigación mediante o reforzo da financiación proxectos de mellora da resiliencia da produción marisqueira que supera os 4 millóns de euros

17/09/2024 | 13:44 | C. do Mar

A Xunta agarda desde febreiro a resposta do Goberno central á demanda de eliminar as TAC en especies accesorias sen estudos concluíntes do estado dos recursos

A proposta galega afecta ao abadexo, o linguado, o merlán, a maruca e a solla nos caladoiros do Gran Sol, Cantábrico, Noroeste, Francia e Escocia, e sinala a falta de información científica que avale a necesidade de limitar o esforzo pesqueiro

16/09/2024 | 16:03 | C. do Mar

Villares sinala como estratéxico afondar na promoción dos produtos pesqueiros entre a mocidade para influír nos hábitos de consumo do futuro

O responsable autonómico pon en valor a campaña promovida por Anfaco-Cecopesca, co apoio da Consellería do Mar, que desprazará unha foodtruck polos campus universitarios ofrecendo degustacións gratuítas de conservas de peixes e mariscos

16/09/2024 | 11:17 | C. do Mar

Alfonso Villares participa no peche da campaña de promoción e incentivo ao consumo dos produtos pesqueiros, impulsada por Interfish España

A iniciativa, apoiada pola Xunta de Galicia, enmárcase no obxectivo da Consellería do Mar de achegar á poboación o potencial nutricional dos alimentos que saen da nosa costa, así como da súa versatilidade gastronómica e sostibilidade da frota

14/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

A Xunta pon en valor a diversificación profesional e o papel das redeiras no sector pesqueiro ás que sitúa como prioridade na política de prevención laboral

A directora de Desenvolvemento Pesqueiro alavou a capacidade de adaptación destas profesionais que están desenvolvemento outras actividades complementarias vencelladas á artesanía, a reciclaxe ou o turismo mariñeiro