Estratexia Retorna 2023-2026

A Estratexia Retorna 2023-2026 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.

Entre outras, as liñas de actuación da Estratexia Retorna 2023-2026 son as seguintes:

  • Proporcionar instrumentos de atracción profesional de poboación galega residente no exterior, así como a súa incorporación ao mercado laboral a través de incentivos específicos.
  • Potenciar as plataformas creadas para a xestión integral da información de interese e o asesoramento técnico.
  • Intensificar o apoio integral ás familiar no retorno. 
  • Intensificar o apoio ao emprendemento e ao autoemprego dos galegos retornados, en especial no rural galego.
  • Facilitar o acceso a unha primeira vivenda a través de novas iniciativas para retornados ou a incorporación desta figura a programas de axudas xa activas, como o Bono de Aluguer Social.
  • Promover a continuidade educativa dos retornados e dos seus familiares.
  • Facilitar a participación nos programas de inclusión socio-laboral, reforzar a capacitación das habilidades transversais máis demandadas polo mercado laboral e apostar por programas de desenvolvemento persoal da xuventude retornada.
  • A nova Estratexia estrutúrase a través de 4 áreas principais que aglutinan 30 obxectivos e 100 medidas. 

Data de aprobación no Consello da Xunta: 15/12/2022

Ligazóns relacionadas