Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2023

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia actualízase anualmente para a súa entrada en vigor antes do inicio da tempada de risco alto de incendios, que coincide co verán.

O Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta do 24 de maio de 2007, en virtude do establecido no artigo 6.1.b) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, reflicte a política e as medidas para a defensa dos terreos forestais e das áreas de influencia forestal, englobando os plans de prevención, protección, sensibilización, vixilancia, detección, extinción, investigación e desenvolvemento, soporte cartográfico, coordinación e formación dos medios e axentes do servizo, así como unha definición clara de obxectivos e metas por acadar, a programación das medidas e accións, o orzamento e o plan financeiro, así como os indicadores da súa execución.

A devandita Lei, no seu artigo 14.4, prevé a posibilidade de actualización naqueles aspectos que sufran variacións, sendo incorporadas as devanditas modificacións ao documento inicial e aprobadas polo Consello da Xunta.

As actualizacións do Pladiga realizadas en 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022 aprobadas polo Consello da Xunta, oído o Consello Forestal de Galicia, deron continuidade ao Plan, mantendo a mesma estrutura pero incorporando novidades respecto ao Pladiga 2007.
 
O Pladiga 2023, axustándose a normativa publicada pola Xunta de Galicia, actualiza aqueles aspectos que deben ser modificados para adaptarse ás novas necesidades, denominacións de unidades administrativas e estrutura orgánica, con especial incidencia na prevención, defensa e investigación de incendios forestais.
 
Data de aprobación no Consello da Xunta: 27/04/2023