Estratexia Retorna 2020

A Estratexia Retorna 2020 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.

Principais liñas de actuación:

  • Facilitar instrumentos de atracción profesional da poboación galega residente no exterior.
  • Promover a continuidade educativa dos retornados e dos seus familiares.
  • Intensificar o apoio integral ás familias no retorno e intensificar o apoio o emprendemento e o autoemprego dos galegos retornados, en especial no rural galego.
  • Xestionar de xeito integral a información de interese e o asesoramento técnico para a persoa que pensa retornar e os que xa retornaron a través dunha plataforma única

Data de aprobación no Consello da Xunta: 12/04/2018

Ligazóns relacionadas