Plans e actuacións

Ten dispoñibles para consulta 11 actuacións:

C. de Sanidade

Estratexia galega de seguridade e calidade asistencial 2024-2028

Esta estratexia susténtanse sobre tres piares: a xestión da calidade asistencial, a seguridade do paciente e a atención ao paciente e ao cidadán.

Estrutúrase sobre dez liñas estratéxicas, cada unha delas cos seus correspondentes criterios de avaliación, baseados en directrices consensuadas, priorizadas e referendadas por organismos referentes nacionais e internacionais en seguridade do paciente, así como coa evidencia científica dispoñible.

A posta en marcha destas liñas estratéxicas axudará aos centros sanitarios a avanzar no desenvolvemento de actividades dirixidas a mellorar a seguridade dos pacientes e, en definitiva, a calidade da súa asistencia.

 

C. de Sanidade

Estratexia galega de saúde comunitaria en atención primaria 2023-2027

Con esta estratexia preténdese, por un lado, facilitar o deseño e implementación de intervencións comunitarias aos profesionais de primaria que se inicien neste ámbito, e, por outro, impulsar as que xa se viñan realizando. Todo iso, co obxecto de influír positivamente no estilo de vida e nos determinantes sociais da cidadanía galega.

C. de Sanidade

Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria

A Xunta de Galicia ten establecida unha folla de ruta que amosa a súa aposta firme e decidida pola atención primaria, elaborando un Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria que prevé a posta en marcha de 37 centros de saúde e a ampliación ou reformas noutros 14 xa existentes.

C. de Sanidade

Estratexia de xestión do cancro en Galicia (2022-2028)

Este documento establece a visión e o plan de acción para enfrontar o reto do cancro nos próximos anos en Galicia.

C. de Sanidade

Plan Galego de Hospitalización a Domicilio (2019-2023)

Con este plan poténciase e consolídase a modalidade de asistencia de hospitalización a domicilio, achegándoa ao 100% dos galegos e galegas os 365 días do ano.

C. de Sanidade

Estratexia Galega en Enfermidades Raras (2021-2024)

O seu obxectivo central é establecer un novo modelo asistencial para este tipo de doenzas garantindo un prazo de diagnóstico máis reducido, menor variabilidade no manexo e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz.

C. de Sanidade

Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 (2020-2024)

O plan establece 98 proxectos dirixidos á prevención da aparición de problemas de saúde mental na poboación galega, así como á mellora da asistencia sociosanitaria das persoas que padecen algún trastorno mental.

C. de Sanidade

Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016

O Plan de Prioridades Sanitarias 2014-2016 revisa e actualiza o anterior (con vixencia entre 2011 e 2014) e ten como obxectivo estratéxico diminuír a enfermidade e responder ao espírito de mellora continua do sistema. O Plan recolle 17 prioridades que inclúen 108 obxectivos, 248 accións de mellora e 344 indicadores deseñados para a súa monitorización e seguimento.

C. de Sanidade

Plan Xermola para a prevención da obesidade infantil en Galicia

O Plan Xermola ten por obxecto diminuír a prevalencia da obesidade na poboación infantil e xuvenil de Galicia (menores de 18 anos) nun prazo de 8 anos, mellorar o patrón alimentario e de actividade física da poboación infantil e xuvenil como principais determinantes actuais desta patoloxía e actuar sobre outros que vaia identificando a evidencia científica.

C. de Sanidade

Plan de prioridades sanitarias 2011-2014

No contexto das metas de política sanitaria do Goberno galego nace este plan, co obxecto de mellorar a saúde da poboación, prestar os servizos sanitarios que precisan as persoas, fomentar o exercicio dos dereitos recoñecidos na normativa e actuar de forma eficiente para asegurar a sostibilidade do sistema sanitario e dos servizos públicos.