Plan anual da cooperación galega 2025

O artigo 83 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia regula a planificación da Cooperación Galega. Este artigo establece, no seu apartado primeiro, que a política pública autonómica en materia de cooperación para o desenvolvemento articúlase a través do Plan director da cooperación galega cunha duración de catro anos e, no punto cuarto do mesmo artigo, establécese que o órgano de dirección da Administración autonómica competente en materia de cooperación para o desenvolvemento elaborará un Proxecto de plan de acción anual, que se someterá á aprobación do Consello da Xunta.

No Plan anual 2025 recóllense os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios que o Goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2025, de acordo coas orientacións establecidas no V Plan director da Cooperación Galega 2023-2026; e conta cunha dotación orzamentaria de 9.864.381 €, é dicir, un incremento do 10,35 % con respecto do ano 2024.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 24/02/2025 

Ligazóns relacionadas