Estratexia Galega de Economía Circular (EGEC) 2020-2030
A Estratexia foi aprobada en Consello da Xunta o 12 de decembro de 2019 e nela desenvólvense as directrices para facer efectiva a transformación do modelo produtivo lineal actual cara a un modelo de economía circular de aquí aos próximos anos.
Este documento adapta as iniciativas políticas desenvolvidas pola UE á nosa singularidade e peculiaridades económicas, sociais, naturais, produtivas e enerxéticas co reto de situar a Galicia na próxima década á vangarda deste proceso e convertela nun referente europeo.
A Estratexia persegue un fin ambicioso, superar un sistema de produción caracterizado polos grandes consumos de recursos, que ao acabar a súa vida útil se converten en residuos co conseguinte impacto ambiental, a outro baseado na filosofía circular, que toma como base o criterio multierre (repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir e reutilizar) no proceso de elaboración dos produtos.
O documento estrutúrase en 8 eixos de actuación ou liñas estratéxicas: Ecodeseño, Modelos de negocio, Educación e Sensibilización, Industria, Produción de alimentos, Urbanismo, Xestión do ciclo da auga e Xestión de Residuos; as cales están centradas nos sectores identificados como estratéxicos (Industria, sector primario, Fogares e hábitat, Administración Pública e Servizos) buscando un impacto positivo sobre os recursos (Auga, Solo, Enerxía, Aire, Alimentación e Residuos).
Data de aprobación do plan: 12/12/2019