Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025

A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 é o documento de traballo no que se trazan as liñas xerais da convivencia escolar para o horizonte 2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, apoiándose no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e na Estratexia Educación Dixital 2030, incorpora nesta estratexia programas e recursos específicos para favorecer unha convivencia positiva, reducir o acoso escolar e o ciberacoso, a violencia de xénero (incluída a dixital), a LGBTIfobia e camiñar en consonancia coa transformación dixital da sociedade. En consecuencia, fomentarase o uso de metodoloxías eficaces e efectivas dando visibilidade ás boas prácticas no tratamento da convivencia como un proceso permanente e transversal de aprendizaxe que garanta o respecto ás diferenzas individuais, proporcione un contexto de benestar, promova a solidariedade, a inclusión e a igualdade. Neste contexto é no que se inscribe este plan de traballo co propósito de avanzar cara á construción de centros máis seguros, accesibles, inclusivos, equitativos e saudables.
A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 susténtase nun conxunto de premisas implícitas a todos os plans, programas e actuacións recollidas nela:

  • Individualización
  • Esforzo Compartido
  • Prevención
  • Provención
  • Adpatación á transformación dixital
  • Coidado do benestar emocional
  • A Coeducación como estilo educativo

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 13/10/2022