Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030
A Iniciativa Estratéxica nace coa ambición de aproveitar as oportunidades que o novo contexto ofrece ás entidades galegas, xerando oportunidades profesionais tanto presentes como futuras para a mocidade galega, e convertendo estes sectores nunha panca crave para o crecemento económico e a mellora das condicións de vida na rexión
A Consellería de Economía e Industria, en colaboración co ecosistema galego do sector e expertos na materia, elaborou a Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo 2025-2030. Esta estratexia identifica obxectivos, programas de investimento e actuacións concretas que serán impulsados pola Xunta de Galicia, co fin de que a comunidade continúe liderando as políticas de apoio a este sector en España. Os obxectivos para o próximos cinco anos son:
- Impulsar o crecemento das empresas que forman parte do ecosistema galego de aeroespacio, seguridade e defensa.
- Fomentar a diversificación das empresas, para que poidan ofrecer os seus produtos e servizos nos sectores aeroespacial, de seguridade e de defensa.
- Materializar novos investimentos industriais e promover a transformación sectorial que facilite a entrada de novas empresas no sector.
- Reforzar as capacidades produtivas territoriais de Galicia neste ámbito, incluíndo o acceso ao capital, as infraestruturas e a dispoñibilidade de persoal cualificado.
- Liderar as novas políticas industriais a nivel nacional, consolidando o posicionamento da Xunta de Galicia como un goberno emprendedor e exemplar no impulso da colaboración público-privada.
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 12/05/2025