Estratexia Galega de Inclusión Educativa. EduInclusión 2030
A Estratexia Galega de Inclusión Educativa, EduInclusión 2030, é o documento de referencia en inclusión educativa e establece as liñas estratéxicas de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta estratexia desenvólvese como reflexo do compromiso da Administración cunha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que garanta o acceso, a participación e o éxito de todo o alumnado. Esta vontade non é nova, senón que forma parte dun traballo continuo e sostido ao longo dos últimos anos.
Esta estratexia está estruturada en seis eixes:
- Sensibilización sobre a importancia da cultura inclusiva
- Fomento da permanencia do alumnado no sistema educativo
- Axuste da normativa conforme á evolución das necesidades da comunidade educativa no ámbito da inclusión
- Optimización da xestión educativa a través da intelixencia artificial
- Desenvolvemento das competencias profesionais docentes
- Desenvolvemento e seguimento da Estratexia de inclusión educativa
Con base nestes eixes establécense as actuacións para desenvolver sobre:
- O alumnado
- O profesorado
- As familias
Avaliación e seguimento
Na documento da estratexia recóllense os indicadores e o cronograma.
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 05/05/2025