Plan Integral de Benestar Dixital

O Plan Integral de Benestar Dixital de Galicia nace da convicción de que a tecnoloxía pode e debe ser unha aliada do desenvolvemento humano, pero require gobernanza, educación e corresponsabilidade. A protección da infancia no ámbito dixital non é responsabilidade exclusiva das familias ou da escola: é unha tarefa colectiva e compartida que implica tamén á Administración, ás empresas tecnolóxicas, aos medios de comunicación e á sociedade no seu conxunto. 

O plan asume catro piares fundamentais para orientar todas as súas actuacións e garantir un enfoque baseado nos dereitos da infancia: 

  • Garantía de acceso e igualdade de oportunidades
  • Creación de contornas protectoras seguras
  • Participación activa e recoñecemento da voz da infancia
  • Coordinación institucional

Avaliación e seguimento

No plan recóllense os indicadores e o cronograma.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 12/01/2026

Ligazóns relacionadas