Plan Director da Industria das TIC 2026-2028
Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sustentable e competitivo.
O 29 de febreiro do 2024 acordouse no Consello da Xunta de Galicia a declaración do sector da industria das TIC como industrial estratéxico. Os datos de facturación, emprego e achega ao PIB galego, avalan a importancia estratéxica dun sector que se caracteriza por altas taxas de innovación, progreso tecnolóxico e produtividade, polo que ten un considerable impacto na actividade económica.
O plan director da industria das TIC 2026-2028 elaborouse partindo dun enfoque colaborativo e participativo, o que garante a conexión entre as prioridades sectoriais que conforman o plan e as necesidades reais do sector. Estrutúrase en 2 obxectivos estratéxicos, 6 eixos e oito ámbitos: internacionalización e escalaxe empresarial, sustentabilidade, competitividade e innovación, investimento e creación de produto TIC, persoas, infraestruturas e solo empresarial, dixitalización dos sectores produtivos, e a gobernanza.
Este plan vai contar cun sistema de seguimento e análise continua do seu impacto, o que permitirá a súa adaptación e, de ser o caso, redefinición, o que se plasmará nas futuras actualizacións e modificacións do plan que se consideren necesarias.
O plan director do sector da industria das TIC aprobouse no Consello da Xunta o 29 de xuño do 2026. O artigo 65 do Texto refundido das disposicións legais da comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro detalla o procedemento de elaboración e aprobación dos plans directores dos distintos sectores industriais e, concretamente, o punto 8 deste artigo sinala que, tras a súa aprobación no Consello da Xunta de Galicia, os plans directores serán publicados no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia.
Data de aprobación do Plan: 29/06/2026
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Plan Director da Industria das TIC 2026-2028