Plan Director do Sector Alimentario 2026-2028

Os plans directores son instrumentos de política industrial que teñen como fin fortalecer os sectores industriais estratéxicos declarados como tales no Consello da Xunta, mediante medidas e recursos que aseguren un crecemento sustentable e competitivo.

O 17 de febreiro do 2025 acordouse no Consello da Xunta de Galicia a declaración do sector alimentario como industrial estratéxico. Os datos de facturación e emprego, avalan a importancia estratéxica dun sector que supón un considerable impacto na actividade económica galega.

O plan director do sector alimentario 2026-2028 elaborouse partindo dun enfoque colaborativo e participativo, o que garante a conexión entre as prioridades sectoriais que conforman o plan e as necesidades reais do sector. Estrutúrase en 2 obxectivos estratéxicos, 5 eixos e sete ámbitos: internacionalización, dixitalización, sustentabilidade, competitividade e innovación, investimentos, persoas, e infraestruturas e solo empresarial.

Este plan vai contar cun sistema de seguimento e análise continua do seu impacto, o que permitirá a súa adaptación e, de ser o caso, redefinición, o que se plasmará nas futuras actualizacións e modificacións do plan que se consideren necesarias.

O plan director do sector alimentario aprobouse no Consello da Xunta o 27 de xullo do 2026. O artigo 65 do Texto refundido das disposicións legais da comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro detalla o procedemento de elaboración e aprobación dos plans directores dos distintos sectores industriais e, concretamente, o punto 8 deste artigo sinala que, tras a súa aprobación no Consello da Xunta de Galicia, os plans directores serán publicados no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia.

Data de aprobación do Plan: 27/07/2026