Rexistro das actividades de tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia

O obxectivo deste rexistro é que a cidadanía poida coñecer da forma máis exacta posible que tratamentos se están realizando cos seus datos persoais cando os achegan a un organismo da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A través del descríbese, de forma conxunta para cada responsable de tratamento, que datos recolle, con que fins os trata, a quen prevé comunicalos, se os transfire ou non a terceiros países, o prazo de conservación dos mesmos e as medidas para preservar a súa seguridade.