Que é XuntaEu?
XuntaEu é a aplicación móbil que dá acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia

Novidades de XuntaEu

20/02/2024

Xa se pode descargar a versión 1.1.1. de XuntaEu para os móbiles do sistema operativo Android. Incorpóranse nela correccións de incidencias que foron reportadas por usuarios da aplicación. 

02/02/2024

Desde hoxe xa é posible levar sempre a man o título e o título individual de familia numerosa, que veñen de incorporarse ás tarxetas dispoñibles na app XuntaEu.

Como accedo a XuntaEu?

Unha vez que teñas a app descargada (de Google Play se o teu móbil é do sistema operativo Android ou App Store se usas IOs) necesitarás Chave365 ou DNIe para poder acceder á app.

Chave365

Con Chave365 identifícaste só co teu NIF e unha clave persoal desde calquera dispositivo móbil.

Se non dispós de Chave365 podes facerte con ela por dúas vías: 

  • Se tes un certificado electrónico ou DNI electrónico podes conseguila de forma electrónica a través da sede con este procedemento. Neste caso a alta é inmediata. 
  • A outra forma é presencialmente, dirixíndote a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios (consúltaos aquí e antes revisa esta páxina para saber que debes levar contigo).  

Se necesitas máis información podes ver aquí como funciona ou consultar as preguntas máis frecuentes (renovación ou caducidade do usuario, cambio ou caducidade da clave...).

DNIe

Se o teu teléfono é Android podes empregar o Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe).

 

O DNIe acredita dixitalmente a túa identidade, co que tamén podes usalo para acceder.

Se o teu teléfono é Android podes empregar o Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á parte de Chave365.

Antes de empezar podes consultar estas preguntas frecuentes para saber se o teu DNI xa é electrónico, como solicitalo se non o fose... Atoparás máis información en https://www.dnielectronico.es.

É fundamental que o teu DNIe estea activado para poder usalo. 

Tamén necesitarás un móbil que dispoña da tecnoloxía NFC.  

Acceder é sinxelo. Ao entrar na aplicación (cun móbil Android) terás a carón da opción Chave365 a de DNIe. Preme nela e, a continuación, en "Engadir novo DNIe" para seguir os 2 pasos:

  • No 1º paso pedirache o CAN (un número de 6 díxitos que aparece na esquina inferior dereita da parte frontal).
  • O paso 2 é achegar o DNIe ao teu móbil. Necesitas ter activada a tecnoloxía NFC no teu dispositivo e soster o teléfono e DNIe moi cerca para conectalos e xa poderás acceder a XuntaEu.  
Todos os servizos sempre á man!

Coñece as funcionalidades desta app e descubre como che facilita a relación coa administración dixital da Xunta de Galicia

Notificaciones

Desde XuntaEu puedes consultar las notificaciones electrónicas puestas a tu disposición en Notifica.gal, aceptándolas o rechazándolas según corresponda. 

En la pantalla principal de la app verás un acceso directo en el que, de ser el caso, se puede mostrar el número de notificaciones que tienes pendientes de leer.

La sección de notificaciones mostrará el listado de estas, con la posibilidad de filtrarlas por diversos parámetros (procedimiento, unidad, estado...).

En la pantalla inicial se mostrará, para cada notificación, la siguiente información: fecha, procedimiento al que aplica, asunto de la notificación, estado y persona a la que va dirigida.

Expedientes e presentacións

Consulta a información básica dos expedientes e presentacións nos que figures como persoa solicitante e/ou representante. É a mesma información que figura na sede electrónica da Xunta.

Ao acceder a "Expedientes e presentacións" en XuntaEu atoparás unha lista coa información máis relevante dos teus expedientes, ordenados desde o máis recente ao máis antigo verás:

  • a data de inicio do expediente
  • o seu código
  • o procedemento 
  • o estado do expediente e a súa data

Se xa premes sobre un expediente concreto mostrarase o resultado completo con detalle de:

  • información xeral do expediente
  • documentación deste
  • persoas que participan nel
  • lista das entradas que se produciron no rexistro en relación con ese expediente

Naqueles expedientes que o permitan tamén atoparás a opción de realizar accións posteriores sobre ese expediente (emenda de requirimento, modificacións, achega de nova documentación...). 

Os expedientes que atoparás en XuntaEu serán os mesmos que están dispoñibles na sede electrónica. 

Certificados

Tamén podes consultar nesta app a lista dos teus certificados. 

Ao premer sobre un certificado activo mostrarase o documento correspondente, que pode ser almacenado no dispositivo. 

A app pode recibir certificados desde calquera sistema da Xunta de Galicia para que o cidadán ou cidadá os poida consultar. Neste momento os certificados dispoñibles en XuntaEu, que progresivamente se irán ampliando, son:

  • Certificado de habilitacións profesionais
  • Licenza de pesca marítima de recreo en superficie
  • Licenza de pesca marítima de recreo submarina
  • Licenza de pesca marítima de recreo en embarcacións
Chave365

Desde XuntaEu podes acceder á túa información nos sistema Chave365 (data de alta, data da próxima renovación, caducidade do teu usuario...).

Ademais destas consultas, podes, desde esta aplicación, cambiar a túa clave, cambiar o número de teléfono ou darte de baixa no sistema. 

Verificación CVE

Podes comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente a través desta función. 

XuntaEu permíteche esta comprobación de dúas formas: 

  • de maneira manual, escribindo o código CVE que figura no documento
  • empregando a cámara do teu dispositivo móbil, escaneando o código QR que figura xunto ao CVE no documento

O sistema verificará se o código ou QR introducidos son válidos. Se non o fosen mostrarase unha mensaxe de erro. De ser correcta a verificación mostrará a información do documento asinado (co nome do documento, data da sinatura, persoa que asina...), permitindo tamén a súa descarga.

Tarxetas

Leva contigo as túas tarxetas ou carnés emitidos pola Xunta de Galicia. Unha forma sinxela e segura para telas sempre a man. 

Ao acceder á sección de tarxetas atoparás unha lista con aquelas que tes dispoñibles. 

Neste momento as que podes atopar son:

  • Título de familia numerosa
  • Título individual de familia numerosa
  • Carné Xove
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado - categoría B
  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina
  • Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións

Estas tarxetas/carnés dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.

Tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. 

Ao premer sobre unha tarxeta mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR. 

A integración de tarxetas/carnés será progresiva, co que irán engadíndose novidades proximamente!

Apoderamentos

Se outorgaches ou recibiches apoderamentos a través do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia tamén están á túa disposición en XuntaEu.

Podes consultar os apoderamentos que recibiches e tamén aqueles outros que puideches outorgar a outras persoas. Sobre eles podes realizar accións como aceptar ou rexeitar ese apoderamento ou cambiar a súa vixencia. 

Na aplicación mostraranse divididos entre os que se atopan vixentes e os xa caducados. 

Ao premer en calquera dos apoderamentos que poidas ter visibles mostrarase a información do apoderamento ou a de tramitación deste.  

Desde o botón de conceder poderás dar de alta novos apoderamentos, nas súas diferentes tipoloxías:

  • Alta en todas as actuacións ante todas as administracións
  • Alta en todas as actuacións ante a Xunta de Galicia
  • Alta en determinadas actuacións ante a Xunta de Galicia

Outros servizos

XuntaEu tamén che axudará a manter os teus datos actualizados e seguros. E avisarate de novidades, citas ou cambios se fose necesario!

Citas

Atoparás en XuntaEu aquelas citas que solicitases para as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro ou coas consellerías.

Ao acceder á app atoparás as próximas citas que poidas ter confirmadas, ordenadas por data.

Para cada cita móstrase a información máis relevante. Se premes nela xa se visualizará o detalle completo. 

Desde XuntaEu tamén tes a posibilidade de modificar unha cita xa programada, eliminala ou solicitar unha nova.

Avisos

Recibe avisos personalizados no teu móbil. Chegaranche como unha notificación para que te decates de que hai algo novo para ti. 

Unha vez que accedas á app XuntaEu verás que tes avisos pendentes de lectura. 

Podes consultalos cando o necesites, mantelos ou eliminalos. 

Como se dunha caixa de correo se tratase os avisos da listaxe identifícanse como lidos ou non lidos, en función de se están ou non resaltados. 

Na actualidade podes recibir avisos sobre:

  • caducidade do teu usuario de Chave365
  • caducidade da clave de acceso a Chave365
  • se recibes un novo apoderamento
  • se tes algunha nova notificación en Notifica.gal 
  • aqueles outros que che pode enviar XuntaEu directamente ou que che envíe a Xunta de Galicia en relación a campañas informativas de interese
Datos persoais

XuntaEu permíteche consultar e modificar os datos persoais que consten na túa carpeta cidadá (teléfonos, correo electrónico, enderezo...).

Ao acceder á aplicación verás os teus datos persoais.

Se premes na icona de editar (representada graficamente cun lapis) tes a opción de consultar e modificar os datos de identificación, enderezo e contacto. 

Neste último (contacto) tamén atoparás a opción para modificar os teus datos no sistema Notifica.gal e en Chave365.

Preguntas frecuentes

Que é XuntaEu?

XuntaEu é unha aplicación móbil que facilita, a través de dispositivos móbiles, o acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.

Como podo acceder?

Podes entrar na app identificándote con Chave365 ou con DNIe (neste caso só se o teu móbil é Android).

Como se protexen os meus datos?

Podes consultar con detalle as condicións de uso  de XuntaEu e a política de privacidade nas súas seccións específicas.

Que información de carácter persoal rexistra a aplicación sobre min?

En XuntaEu podes modificar os teus datos persoais (enderezo, teléfono, correo electrónico...).

A información que mostra a aplicación sobre ti é aquela da que xa dispón previamente a Xunta de Galicia.

Requírese que no primeiro acceso a XuntaEu consintas o acceso a eses datos. 

Esta aplicación xeolocalízame?

Non, a aplicación non usa o GPS nin ningunha utilidade de xeolocalización.

Descarga XuntaEu!

Acceso a novidades

Dispoñible para Android e IOs

Instala no teu dispositivo móbil a versión que necesites para comezar a usar XuntaEu e beneficiarte dos seus servizos.

Acceso a novidades

Sinxela e segura

Fácil de usar e con todas as garantías de seguridade. A información que XuntaEu ten do teu perfil é aquela da que xa dispón previamente a Xunta de Galicia e non te xeolocaliza.

Acceso a novidades

En constante evolución

Os servizos de XuntaEu serán máis no futuro. Irán incorporándose novos certificados, tarxetas, opcións de personalización... Unha app en constante evolución e mellora!

Descarga a APP