Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Baleira, parroquia de Cubilledo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023 A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello lugués de Baleira, parroquia de Cubilledo.

O lume iniciouse ás 17,04 h. e segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 1 técnico, 2 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 28/03/2023