Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 266 novas da área temática Comercio:

14/05/2024 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá no CEIP Monte dos Postes de Santiago á primeira das demostracións incluídas no programa ‘Artesanía na Escola‘

12/05/2024 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos

A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración terá lugar o Día do Mercado en 41 prazas galegas que toman parte desta actuación

10/05/2024 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago

10/05/2024 | 18:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta referenda o seu compromiso coa dinamización do comercio local coa súa participación na décima edición da Noite Branca en Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén,  participou hoxe na inauguración da iniciativa promovida pola Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín  

09/05/2024 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a conservación e a remuda da olería tradicional de Buño

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a Casa do Oleiro para coñecer os resultados do curso de formación ‘Formas tradicionais da olería de Buño’ impartido dende finais de ano por Antonio Pereira ‘O Rulo’

07/05/2024 | 13:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso co comercio de Vigo, cidade que mobilizou máis capital durante a 5ª campaña Bono Activa Comercio con case 1,2 M€

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, reuniuse coas asociacións de comerciantes da cidade, onde destacou que o conxunto da provincia de Pontevedra mobilizou máis de 4,5 millóns en vendas

07/05/2024 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas en Galicia e no que participaron case 250 establecementos de Bergantiños-Costa da Morte

Destacou esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dotada con 2,5 millóns de euros, que mobilizou  12 millóns en vendas

04/05/2024 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
03/05/2024 | 21:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na ‘Shopping Fest Ourense Centro’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro