ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
  • whatsapp

A cooperación entre as administracións públicas é esencial para proporcionar servizos aos cidadáns, garantíndolles o seu dereito a relacionarse con elas por medios electrónicos e a non ter que achegar documentos que xa foran elaborados por elas ou obren no seu poder.

Esta cooperación é posible grazas á interoperabilidade, que é a capacidade que teñen os sistemas de información, e os procedementos aos que lle dan soporte, para poder compartir datos.

Ademais dos importantes aforros económicos e de tempo que a interoperabilidade supón, tanto para a propia Administración como para a cidadanía, esta:

  • Beneficia a cidadáns e empresas, en tanto que deixan de estar obrigados a presentar os citados documentos, co que se lles facilitan certas tramitacións.
  • Beneficia á propia Administración, facilitando o acceso aos datos e axilizando a tramitación dos procedementos.          

PasaXe!

En 2014 a Xunta de Galicia puxo en marcha PasaXe!,  nodo de interoperabilidade de Galicia.

PasaXe! permite a obtención de información de cidadáns ou empresas elaborada pola Administración de xeito sinxelo, seguro, centralizado e respectando a privacidade do cidadán.

O portal de interoperabilidade galego, que xa incorpora máis de 45 servizos, ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionarlle aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

Marco normativo

Coa entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento  administrativo común das administracións públicas cambiou substancialmente a forma de acceso aos datos e documentos esixidos polas administracións públicas. Así, estas últimas non poderán requirirlle ás persoas interesadas aqueles datos e documentos que fosen elaborados por elas (acreditación da identidade, residencia, familia numerosa...) nin aqueles outros que xa foran presentados anteriormente e, polo tanto, poderán acceder a eles cando non exista denegación expresa das persoas interesadas.

Adicionalmente, o Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), regulado polo Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, estableceu o conxunto de criterios e recomendacións que deben ser tidos en conta polas Administracións públicas para a toma de decisións tecnolóxicas que garantan a interoperabilidade. Do mesmo xeito, as normas técnicas de interoperabilidade previstas na súa disposición adicional primeira desenvolveron certos aspectos concretos.

Marco de colaboración

Impulsar a interoperabilidade na Administración galega foi posible grazas á cooperación interadministrativa, materializada nos seguintes convenios:

Catálogo de servizos de interoperabilidade da Xunta

Desde a súa publicación, PasaXe! vén incorporando progresivamente novos servizos ao seu catálogo. Estes son os que o conforman actualmente:

Xunta de Galicia

Organismo

Servizo

Xunta de GaliciaTítulo de familia numerosa autonómico
Certificado de discapacidade
Consulta de permisos de explotación marisqueira (Permex)
Certificado de inscrición no Rexistro de parellas de feito de Galicia
Administración Xeral do Estado

Organismo

Servizo

Ministerio de Asuntos Exteriores e CooperaciónConsulta de sinaturas para a legalización diplomática de documentos públicos estranxeiros
Ministerio de EducaciónVerificación de títulos oficiais universitarios
Verificación de títulos oficiais non universitarios
Consulta de condición de bolseira/o
Ministerio de Facenda e Administracións PúblicasConsulta de datos de residencia legal de persoas estranxeiras
Consulta de condición de bolseira/o
Ministerio de XustizaCertificado de nacemento
Certificado de matrimonio
Certificado de defunción
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais (avanzado)
Consulta de inexistencia de antecedentes penais (avanzado)
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por NIF
Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais por NIF
Axencia Estatal de Administración TributariaCertificado da Renda (IRPF)
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a contratación coas Administracións públicas
Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a obtención de licenzas de transporte
Certificado de domicilio fiscal
Imposto de Actividades Económicas (IAE)
Validación de NIF
Nivel de renda
Dirección Xeral da PolicíaConsulta de datos de identidade de persoas físicas
Verificación de datos de identidade de persoas físicas
Dirección Xeral do CatastroDatos catastrais
Certificación de titularidade
Consulta de bens inmobles
Obtención de certificación descritiva e gráfica de inmobles
Dirección Xeral de TráficoConsulta de datos de vehículos
Consulta de datos de conductores/as
Instituto CervantesConsulta de cualificacións para probas CCSE e DELE
Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso)Consulta de grao e nivel de dependencia
Instituto Nacional da Seguridade SocialConsulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade
Instituto Nacional de EstatísticaConsulta de datos de residencia con data de última variación padroal (só para residentes en Galicia)
Verificación de residencia de ámbito
Consulta de datos padroais
Servizo Público de Emprego EstatalSituación actual de desemprego
Importes de prestación de desemprego percibidos a data actual
Importes de prestación de desemprego percibidos nun período
Estar inscrito/a como demandante de emprego a data actual
Estar inscrito/a como demandante de emprego a data concreta
Tesourería Xeral da Seguridade SocialEstar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social
Alta na Seguridade Social a data concreta
Outras Comunidades autónomas

Organismo

Servizo

Axencia Tributaria NavarraConsulta de datos sobre Imposto de Actividades Económicas de Navarra