Xunta de Galicia

Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago 2016-2019

O Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, impulsado pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, ten como obxecto impulsar un conxunto de iniciativas para a mellora do turismo accesible en Galicia nos próximos anos, partindo dun traballo de análise en profundidade da situación actual.
 

Misión
Dotar ao sector turístico galego de todas aquelas ferramentas que permitan mellorar a accesibilidade do destino e a súa oferta.

Visión
Converter a Galicia nun destino referente en materia de turismo accesible que logre a inclusión real de todas as persoas.

Obxectivos estratéxicos

  • Mellorar o grao de accesibilidade da oferta e inclusión do colectivo de persoas con discapacidade
  • Situar a Galicia como destino de turismo accesible no mercado nacional e internacional
  • Crear iniciativas que consigan formar e sensibilizar á poboación sobre accesibilidade universal
  • Proporcionar novas oportunidades de negocio ás empresas turísticas galegas
  • Establecer mecanismos para a xestión do turismo accesible por todos os axentes involucrados.
  • whatsapp