Diario Oficial de Galicia - Política de privacidade

A información da aplicación móbil do Diario Oficial de Galicia, elaborada a partir da actividade desenvolvida pola Presidencia da Xunta de Galicia, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.

A obtención e elaboración da devandita información por parte da Presidencia lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.

A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente á Presidencia da Xunta de Galicia como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.

A Presidencia declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación móbil DOG.

A Presidencia non garante a presentación da totalidade da información meteorolóxica de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.

Esta aplicación móbil non recolle datos persoais das persoas usuarias tales como datos identificativos ou de uso da devandita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.