Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.221

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 155/1998, do 28 de maio, polo que se aproba o plan rector de uso e xestión do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O Decreto 29/1993, do 11 de febreiro, declarou parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés por ser un lugar de grande interese pola súa xeomorfoloxía e as súas paisaxes así como polo grande valor da súa flora e fauna e a súa proximidade ó parque nacional portugués de Peneda-Gerês co cal e estremeiro.

De acordo o establecido na Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres foi aprobado por Decreto 32/1993 do 11 de febreiro o plan de ordenamento dos recursos naturais do parque natural Baixa Limia Serra do Xurés.

A citada Lei 4/1989 establece no seu artigo 19.1º que os órganos xestores dos parques elaborarán os plans rectores de uso e xestión, e que a súa aprobación correspondera ó órgano competente da Comunidade Autónoma.

0 artigo 5 do Decreto 29/1993, de declaración do parque natural establece a competencia, contido e vixencia do plan rector de uso e xestión (PRUX).

0 procedemento de elaboración e tramitación do Plan rector de uso e xestión inclúe os trámites de audiencia ós interesados, información pública levada a cabo mediante publicación da Orde do 5 de xuño de 1997 no DOG nº 113, do 13 de xuño, consulta dos intereses sociais, concellos e institucións afectados, aprobación inicial do PRUX por unanimidade na sesión extraordinaria da Xunta Rectora do Parque Natural do 19 de novembro de 1997, e informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como órgano competente en materia urbanística.

Por estas razóns e por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de maio de mil novecientos noventa y ocho,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aproba-lo plan rector de uso e xestión do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés do que figura un extracto como anexo deste decreto, de acordo o establecido na Lei 4/1989, artigo 19, como instrumento de planificación e xestión dos usos e actividades deste espacio natural protexido.

Artigo 2º

De acordo co establecido na devandita Lei 4/1989, no seu artigo 19.2º, o plan rector de uso e xestión prevalecerá sobre o planeamento urbanístico.

Artigo 3º

Compételle á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, facer cumprir cantas disposicións se establecen no presente Plan rector de uso e xestión favorecendo o achegamento dos recursos e consignacións necesarios para a execución dos seus programas de desenvolvemento.

Artigo 4º

Para o cumprimento dos obxectivos que se sinalan no presente plan rector de uso e xestión, a Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e a Xunta Rectora do Parque Natural, favorecerán e potenciarán o intercambio, coordinación, colaboración e apoio das demais administracións públicas con competencia no ámbito territorial do parque natural.

Artigo 5º

Os actos que contraveñan o disposto no presente Plan rector de uso e xestión serán sancionados consonte o disposto na Lei 4/1989 ou da normativa específica vixente en función da materia.

Disposicións adicionais

Primeira.-0 presente plan rector de uso e xestión terá unha vixencia de cinco anos, ó cabo dos que deberá ser revisado. A instancias da Xunta Rectora do Parque Natural poderá ser revisado ós tres anos.

Segunda.-Calquera modificación ou alteración no ámbito territorial ou nas normas xerais de aplicación deste espacio natural protexido, contidos nos decretos 29/1993 e 32/1993 sobre declaración do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e de aprobación do plan de ordenación dos seus recursos naturais suporá a modificación e adaptación en correspondencia con aquelas, do texto deste plan rector de uso e xestión.

Terceira.-Con carácter xeral e naqueles casos de significativa incidencia das accións sobre o territorio serán de aplicación a instancia da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural ou da Xunta Rectora do Parque Natural, a normativa da Xunta de Galicia sobre avaliación de efectos ou impacto ambiental.

De igual xeito que no resto do territorio da Comunidade Autónoma galega e ademais do sinalado neste decreto, determinadas actividades rexeranse polo disposto nas súas respectivas lexislacións sectoriais como a caza, pesca, aproveitamento do arborado, queimas controladas, aproveitamento das augas, marxes e ribeiras, construccións e edificacións, estradas e instalacións agropecuarias.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jimenez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

No plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural aprobado polo Decreto 32/1993 do 11 de febreiro de 1993, establécese a seguinte distribución de zonas:

Zona de reserva integral.

Zona de protección especial.

Zona de rexeneración forestal.

Zona de cultivos.

Masas de auga.

Zonas de servicio.

Núcleos urbanos.

1. Delimitación territorial do parque natural.

Límites do parque natural.

Polo norte desde Cepos Albos na raia con Portugal, e límite dos concellos de Lobeira e Entrimo, baixa cara ó sur polo río da Montaña ata a desembocadura do regato da Ponticela, augas abaixo do lugar de Queguas. Desde aquí en liña recta que pasa polo Couto Alto (1.053 m) e segue na dirección oeste, suroeste pola liña de máxima pendente ata colle-la Corga Seca. Augas abaixo por esta Corga Seca ata o río Covas ou Agro, baixa por este río ata a Ponte da Voutureira na estrada de Terrachán a A Illa e segue por esta estrada ata o mesmo lugar da Illa. Segue pola mesma estrada cara ó Lantemil desviándose pola estrada vella que ía a Ponte dos Aguinchos ata morrer no encoro de Lindoso, marxe dereita, cruzando en liña recta o encoro ata a desembocadura do río Nau que vén da Serra de Santa Eufemia pola marxe do sur e ascéndese por este río ata a pista forestal de Cimadevila a Manín. Sóbese pola liña de máxima pendente desde esta pista na dirección surleste ata a curva de nivel 600 metros que se

segue bordeando polo leste a Serra de Santa Eufemia na dirección sur ata topar co paralelo xeográfico do punto quilométrico 11 na estrada local OR-312 de Lobios a Portela do Home. Séguese este paralelo cara ó leste cruzando a estrada ata chegar ó río Caldo que se baixa na dirección norte ata o regato da Cabreira. Desde aquí sóbese por este regato ata acadar a curva de nivel de 500 metros que se continúa cara ó norte ata o río de Vilameá e ponte de pedra que o cruza. En recta desde esta ponte na dirección norleste pasando pola Chan da Veiga (772 m), cruzamento co río de Lobios e río de Saa na curva de nivel de 650 m. Remóntase o río de Saa ata o lugar de Lama que Treme na curva de nivel de 900 metros que se segue cruzando o río Cabaleiro e a Corga do Arcediago ata a Corga da Pala, lugar da Pala, descendéndose por esta corga ata a confluencia co regato de Fontefría. Desde este punto ascéndese en liña recta ata o Alto da Aciñeira (1.036 m) baixando logo na dirección nornorleste ata a

corga da Uceira, curva de nivel de 850 m e lugar de Estercadiño, corga que se baixa ata o río Mao e por este, tamén augas abaixo, ata o río Salas. Desde esta confluencia remóntase o río Salas ata a presa do encoro de Salas que se remonta pola súa marxe dereita ata topar coa fronteira de Portugal, incluíndose así mesmo no parque natural as marxes e zona de dominio público hidráulico de 100 m tanto do río Salas como do propio encoro. Continúase pola fronteira no sentido das agullas do reloxo, sur, oeste, norte e leste, sucesivamente, ata topar de novo cos Cepos Albos na montaña de Queguas en Entrimo e onde se pecha este deslindamento.

Zonas de reserva integral.

l. Zona de reserva integral: Serra do Xurés.

Concellos: Lobios e Muíños.

Poligonal desde A Cruz do Piñeiro (1.129 m) dirección leste ó lugar da Amoeira (1.272 m), de aí vaise en dirección norleste ata o vértice xeográfico de 1.399 m ó norte do Alto da Nevosa. Continúase a poligonal en dirección norleste no vértice de 1.249 m entre a Ourela dos Rubios e Curral do Bispo e desde aquí ata o propio Curral do Bispo (1.187 m), ó Barranco de A Teixeira (1.250 m), vértice de 1.286 m ó oeste do Coto de Fontefría, vértice 1.295 m ó norte do Coto das Gralleiras e ó Curral da Igrexa no punto de separación entre os concellos de Lobios e Muíños (1.276 m), Outeiro das Lombas (1.236 m), e Outeiro da Candaira (1.169 m). Desde este punto da Candaira, na dirección surleste ata o regato da Ponte Nova na curva de nivel de 1.050 m e logo en liña recta ata Portela de Pitoês xa na mesma fronteira con Portugal. Péchase logo a zona de reserva pola fronteira na dirección oeste ata de novo ó Alto da Cruz do Piñeiro onde comezamos.

2. Zona de reserva integral: A Cruz do Touro.

Concello: Lobios.

Desde a fronteira con Portugal na Cruz do Touro (1.231 m) báixase pola Corga da Canda ata atopar co camiño que corta a curva de nivel de 1.060 m. Continúase este camiño cara ó leste ata acadar a caseta de vixiancia do Salgueiro. Desde aquí vaise en dirección noroeste ata o propio vértice xeográfico do Salgueiro (1.065 m) e báixase en máxima pendente en dirección norleste ata os vértices de 874 e 839 m e ata a pista que vai ó Alto de Santa Eufemia. Esta pista continua no sentido das agullas do reloxo ata chegar á Corga de Calvos e o seu regato na curva de nivel de 750 m. Séguese esta curva de nivel cara ó leste ata atopar a pista que vai do Viveiro a Palleiros e séguese esta pista ata a fronteira con Portugal. Seguindo a fronteira cara ó este, chégase de novo á Cruz do Touro onde pecha.

3. Zona de reserva integral: Barranco de Olelas.

Concello: Entrimo.

No punto en que o río Castro Leboreiro ou Barcia pasa pola curva de nivel de 600 m, ascéndese en liña en máxima pendente ata atopar a curva de nivel de 860 m. No sentido das agullas do reloxo séguese ata estar enfronte da desembocadura do río portugués Corgo de Malho e coa dirección de 45º cara ó noroeste báixase en máxima pendente ata chegar ó dito río. Despois, ascéndese polo río Castro Leboreiro ata pechar este deslinde.

Zonas de protección especial.

1. Zona de protección especial Serra do Xurés.

Concellos: Lobios e Muíños.

Comezando en Portela do Home báixase pola estrada OR-312 ata a primeira ponte que cruza a estrada despois do Km 13 da dita estrada. Desde aquí en dirección leste-surleste vaise ata o paso de 861 m.

entre os coutos do Crasto e Outeiro do Porco. Desde aí sóbese en dirección norleste ata o paso de 1.046 m entre Curral do Mouro e o Alto do Becerral, continúase a poligonal polo Chan do Frielo (1.317 m), Curral de Abelleira (1.140 m) Couto de Arcediago (1.195 m) e Couto de Prado Seco (1.215 m) Couto da Aguia (1.134 m) e Alto de Mourazos (1.154 m). Séguese polo lindeiro oeste do monte de Salgueiros cara ó norte polo Porto da Lama, Couto Morán, A Cruz e Colmear de María, continúase polo lindeiro norte do mesmo monte en dirección leste polo Muíño Vello ata Palas de Barquedo e deixando o monte de Salgueiros, continúase desde Barquedo en liña recta e dirección surleste ata 0 Couso (1.054 m) e desde aquí, tamén en recta, ata a Lomba de Ollo de Boi (1.382 m) e a raia con Portugal. Péchase esta zona pola parte sur e dirección oeste seguindo primeiro a liña da fronteira ata topar coa zona de reserva da Serra do Xurés e séguese o límite norte desta zona ata a Cruz do Piñeiro (1.129 m) onde

remata a devandita zona de reserva e de aí a Portela do Home para pecharse esta zona de novo pola raia de Portugal.

2. Zona de Protección Especial Serra Santa Eufemia.

Concello: Lobios.

Desde os Madornos na raia con Portugal e cota de 800 m, recta da dirección leste-surleste que pasa pola Chan da Carballa, cota de 825 m ata a pista forestal de curva de nivel de 850 m. Proséguese por esta curva de nivel de 850 m no sentido das agullas do reloxo rodeando os coutos de Santa Eufemia ata a corga que nace ó pé do alto de Santa Eufemia e que mira ó norleste. Ascéndese por esta corga ata a cota de 900 m e proséguese por esta curva de nivel de 900 m na dirección leste e sur ascendendo logo cara ó sur ata o alto de 955 m, onde nace a corga das Colmeas do Crego. Báixase por esta corga ata atopar coa curva de nivel de 800 m, punto onde se parte en liña recta ata o alto de Chan de Aradas (842 m); desde aí en liña recta en dirección surleste ata a primeira ponte que se atopa baixando a estrada OR-312 desde Portela do Home a partir do Km 13. De aí ascéndese á mencionada estrada ata Portela do Home e no mesmo sentido das agullas do reloxo séguese a liña da fronteira ata a zona de

reserva da serra de Santa Eufemia bordeándose esta ata acadar de novo a raia que se segue ata pechar a zona.

3. Zona de protección especial Serra do Quinxo.

Concello: Entrimo.

Pártese do punto onde o río Castro Leboreiro pasa pola cota 640 m. De aí ascéndese en máxima pendente ata atopar a cota de 850 m bordeándose polo leste tódolos coutos da Serra do Quinxo por esta curva de nivel de 850 m ata chegar ó extremo sur no alto de 899 m da Lomba de Pereiro. Desde este punto báixase en recta cara ó oeste ata o alto de 631 m na Ladeira de Pereiro e desde aquí, tamén en recta, cara ó noroeste ata o Alto de Olelas (725 m)

e recta de novo ata a desembocadura do Corgo do Malho portugués onde remata a zona de reserva polo extremo surleste. Séguese o límite desta zona de reserva pola parte do leste e dirección norte ata chegar de novo ó río Castro Leboreiro que se remonta ata onde se comezou.

4. Zona de protección especial: Serra de Queguas.

Concello: Entrimo.

Desde Cepos-Albos raia con Portugal polo norte do parque natural, báixase polo río da Montaña ata acadar a curva de nivel de 1.000 m e séguese por esta cota cara ó sur e oeste ata o cruzamento coa Corga de Rozadas, desde aquí en recta cara ó oeste ata o Alto da Gurita (1.136 m) e recta tamén na dirección sursuroeste ata A Cascalleira (1.142 m). Proséguese a poligonal baixando en recta cara ó suroeste desde Cascalleira ata a curva de nivel de 700 m na Corga do Candeiral e río Covas ou Agro. Recta de novo desde este punto cara ó noroeste ata Outeiro do Castelo (908 m) e desde aquí ó paso fronteirizo da Ameixoeira ata a estrada que vai á fronteira e séguese esta ata chegar a ela.

Núcleos de poboación dentro do parque natural.

Concello de Entrimo: Queguas, Guxinde, Pereira, Bouzadrago, Olelas.

Concello de Lobios: Quintela, Compostela, Ludeiros, A Cela.

Concello de Muíños: Albite, Salgueiros, Requiás, Guntumil.

Outros núcleos de poboación que achegan terreos ó parque natural.

Concello de Entrimo:

Parroquia de Venceás: Venceás, Vilar.

Parroquia de Entrimo: Ferreiros.

Parroquia da Illa: A Illa, Lantemil.

Concello de Lobios:

Parroquia de Manín: Aceredo, Manín.

Parroquia de Riocaldo: Bubaces, Baños, Devesa, Padrendo, Torneiros, Vilameá.

Parroquia de Lobios: Barreal, Cimadevila, Cruces, Fábrica, Fondevila, Ogos, Outeiro, Pazos, Quintás, Rial, Rivas de Araúxo, Zapateiros.

Parroquia de San Martín: Carreira, Delás, Gustomeao, Portaxe, Quintá, Regada, Requeixo, Saa, Subigrexa, Vila.

Parroquia de Sampaio: Bouzas, Briñidelo, Esperanzo, Guende, Prencibe, Puxedo, Reguengo, Sampaio.

Concello de Muíños:

Parroquia de Xermeade: Xermeade.

Parroquia de Prado: Prado, Rezarada.

2. Usos e actividades segundo a ordenación territorial do parque natural.

Ademais do réxime xeral de prohibicións e autorizacións xerais, que aparecen recollidas xa no Decreto 29/1993, de declaración do parque natural, establécese a seguinte regulación de actividades nas distintas zonas:

Zona de reserva integral:

Enténdese como a que debe ter unha maior protección no conxunto do territorio do parque natural por se-la que mantén os maiores valores en canto á fauna, flora, xea e paisaxe. Inclúe as partes máis altas da Serra do Xurés, a corga da Cruz do Touro en Lobios e a corga de Olelas en Entrimo.

Permítese o pastoreo extensivo, os cultivos agrícolas que se veñen desenvolvendo na súa área actual de implantación, o sendeirismo tan só polos camiños e vías existentes, a rehabilitación do gando pastoril e os traballos científicos de inventariación e estudios.

Non se permite o exercicio da caza, o exercicio da pesca agás no río Castro Laboreiro, a corta das árbores, as actividades extractivas de calquera tipo, a apertura de novas vías, a instalación de tendidos aéreos, a construcción de novas edificacións e as repoboacións forestais productoras de coníferas ou eucaliptos, o cicloturismo, as repoboacións cinexéticas e as repoboacións piscícolas, agás no río Castro Laboreiro.

Autorizables logo dos correspondentes estudios ou dictames, as repoboacións protectoras con frondosas autóctonas en zonas de pequena extensión co fin de evita-los procesos erosivos do territorio, os tratamentos selvícolas, a mellora da rede viaria existente cando non supoña alargamento de calzada ou modificacións sensibles da traza ou da capa de rodamento actual, o emprego de vehículos de motor polos moradores e propietarios no parque natural, a introducción da pita do monte, a charrela, o cervo e a cabra montés, ou aquelas outras especies que o órgano xestor estime conveniente sempre e cando haxa constancia da súa existencia na antigüidade.

Zona de protección especial:

Enténdese como unha zona de transición e de amortecemento dos impactos producidos nas áreas sometidas a unha mínima protección para a defensa das zonas de reserva de maior valor natural. Inclúe as estribacións da Serra do Leboreiro e a parte alta do Quinxo en Entrimo, a parte alta da Serra de Santa Eufemia en Lobios, unha franxa de protección de largura variable nas ladeiras da Serra do Xurés e as ribeiras, marxes e ríos que atravesan o parque natural.

Permítese o pastoreo extensivo, os aproveitamentos tradicionais agrícolas na súa área actual de implantación, os de matogueira, o sendeirismo e o cicloturismo polos vieiros existentes, e o emprego de vehículos de motor polos moradores e propietarios nas estradas e pistas existentes.

Non se permite a apertura de vías con máis de 2 metros de largo, os tendidos aéreos, as novas construccións salvo as viveirísticas de interese social, as repoboacións forestais productoras en masas monoespecíficas de coníferas ou eucaliptos, e o aproveitamento do arborado ripícola.

Autorizables logo dos correspondentes estudios e dictames as instalacións eléctricas e enerxéticas, as obras de abastecementos de augas e depuración, os peches para o gando, o exercicio da caza e da pesca agás no monte de Salgueiros propiedade da Xunta de Galicia, a corta e o aproveitamento das leñas e das masas arboradas agás as ribeiriñas, os tratamentos silvícolas, a colleita de especies de interese polos moradores e propietarios no parque natural, a rehabilitación de edificacións e a construcción de pequenos refuxios, postos de vixiancia e viveiros forestais e piscícolas de interese social ou para uso público, as repoboacións cinexéticas e piscícolas, as repoboacións forestais protectoras con coníferas e/ou frondosas logo do estudio ambiental procedente en cada caso, a limpeza e apertura de novos camiños para marcha a pé que non excedan os 2 metros de largo, a mellora da rede viaria existente cando non supoña alargamento de calzada ou modificacións da traza ou da capa de

rodamento actual, podéndose emprega-la saburra ou macádam en xeral e, logo do estudio ambiental, outra solución técnica diferente para o camiño que desde Requiás vai a Portela de Pitoes, en Muíños, e para a pista que vai desde a estrada de Portela de Home ata o Alto da Serra de Santa Eufemia en Lobios, e o emprego de vehículos a motor polos visitantes nas estradas e pistas existentes.

Zona de rexeneración forestal:

Esta zona considérase como de uso silvopastoral de tal xeito que nela se pretenden compatibiliza-los usos gandeiro e forestal. Inclúe a maior área do parque natural onde os usos tradicionais do solo e o turismo ambiental se entenden perfectamente compatibles coa conservación dos seus valores naturais.

Permítese o pastoreo extensivo e estabulado, os aproveitamentos agrícolas na súa área actual de implantación, de leñas e de matogueira, a colleita de especies de interese, a sendeirismo e cicloturismo, e o emprego de vehículos a motor polas estradas e pistas existentes ou fóra delas, se é para actividades agropecuarias.

Non se permite a construcción fóra de núcleos urbanos consolidados ous das áreas de servicios, a introdución de especies que non existan na actualidade no parque natural con excepción da Pseudotsuga Menciensii, a pita do monte, o cervo, a charrela, e a cabra montesa, ou aqueloutras especies que o órgano xestor estime conveniente, sempre e cando haxa constancia da súa existencia na antigüidade, a práctica dos deportes terrestres que empreguen motores de explosión, o emprego de armas de ar comprimido, e a acampada libre.

Autorizables, ademais do recollido nas zonas anteriores, os peches e as instalacións para gandería estabulada, as repoboacións e instalacións cinexéticas e piscícolas de interese público, as repoboacións protectoras ou as productoras cando se empreguen especies de frondosas autóctonas nun mínimo do 15% da superficie repoboada; os tratamentos silvícolas, a construcción de pequenas edificacións como refuxios, albergues, postos de vixilancia ou puntos de información cando sexan de interese público; a apertura de novas vías de comunicación e a mellora das existentes cando se declaren de utilidade pública; a instalación de tendidos aéreos e as instalacións industriais non tradicionais, logo de declaración ambiental; a caza e a pesca; as áreas de lecer e a práctica de deportes que non empreguen motores de explosión.

Zona de cultivos:

Formada polo mosaico de parcelas para cultivos e usos agrícolas que rodean os núcleos urbanos incluídos no parque natural.

Permítense os usos tradicionais do solo para tódalas tarefas agrícolas e gandeiras que se veñen desenvolvendo na actualidade naquelas superficies, e os peches sempre e cando se empreguen materiais tradicionais propios da comarca.

Autorizase o aumento da superficie e cavadura de bosques e montes para a agricultura fóra das zonas tradicionais de cultivos o emprego de fertilizantes inorgánicos, pesticidas e fitocidas que non danen a dinámica dos ecosistemas do contorno, os invernadoiros, os viveiros e as instalacións e construccións agrícolas auxiliares.

Masas de auga.

Constituídas polas ribeiras, marxes e masas de auga encoradas na parte do encoro de Lindoso e do de Salas incluídas no parque natural.

Permítese o emprego das marxes e ribeiras para actividades de ocio e lecer e as masas de auga para o baño, remo, piragüismo, e calquera outra actividade náutica que non precise para o seu exercicio de motores de explosión.

Non se permite o vertido de lixo e outras substancias contaminantes, a corta do arborado ribeireño, a caza nunha franxa de 100 m desde o nivel máximo das augas nas enchentes ordinarias, e o emprego de embarcacións con motores de explosión salvo nas de socorrismo e vixilancia.

Pódense autoriza-las construccións e instalacións de servicios ou de interese público de acordo coas normas do planeamento vixente e das directrices do organismo de conca correspondente, as competicións deportivas sen motor, e a pesca fluvial.

Zonas de servicios:

Constituídas polas superficies anexas ás estradas principais de comunicación que estean fóra das zonas de reserva integral ou de protección especial,

e as áreas inmediatas ós postos fronteirizos de Portela do Home e A Madalena (Lobios), A Meixueira (Entrimo) e a Portela de Pitoes (Muíños).

Permítense as actividades relacionadas co uso recreativo, científico e cultural do parque natural.

Non se permite a acampada e calquera outra actividade ou obra que non sexa de servicios ou de interese público ou social.

Son autorizables as obras e instalacións para os usos recreativos, científicos e culturais así como as de servicios e atención ó público.

Núcleos urbanos:

1. Deberá promoverse a delimitación exacta do perímetro destas áreas definidas como núcleos de poboación de acordo cos criterios que sinala a vixente Lei do solo para Galicia, entendéndose que non se deberá autorizar ningunha nova edificación mentres tanto.

2. Os edificios construídos con anterioridade á aprobación do presente P.R.U.X. que contraveñan os obxectivos sinalados na normativa sectorial do parque natural ou dalgún dos seus programas de desenvolvemento quedarán clasificados como fóra de ordenación e poderáselles aplicar de non mediar acordo a Lei de expropiación forzosa, logo de informe da Xunta Rectora e do concello correspondente.

No resto dos edificios existentes poderán realizarse obras de restauración, consolidación, ornato, reedificación e reforma. Estas modificacións realizaranse de acordo coas normas urbanísticas que se establezan, e que tamén serán de aplicación no caso de demolición e posterior construcción.

3. Ademais das propias vivendas poderán autorizarse ampliacións, reformas ou novas construccións unicamente cando sexan para usos agrícolas, industrias tradicionais artesanais, servicios ou as de utilidade pública ou de interese social.

4. Calquera obra ou actuación que puidese provocar modificacións sensibles no contorno deberá contar cun estudio de impacto ou efectos ambientais consonte coa normativa vixente.

5. O tipo constructivo das novas edificacións que se levanten nestes núcleos así como as obras de mellora e reforma das existentes deberá axustarse á estética das construccións tradicionais da comarca. Realizarase para estes efectos un estudio pormenorizado da tipoloxía arquitectónica tradicional da comarca que sirva como referencia tanto para a aplicación dos modelos constructivos como para o emprego dos distintos materiais e os seus usos.

6. As obras públicas e sociais que se vaian realizar neste núcleos deberán seguir estes mesmos criterios referidos á persistencia, consecución e mellora da estética e da imaxe de conxunto dun núcleo rural tradicional.

7. As normas municipais do planeamento, antes da súa aprobación, deberán ser informadas pola Xunta Rectora.

8. Mentres non se aprobe o planeamento municipal, calquera tipo de obras que se vaian realizar neste núcleos e que precisen de licencia municipal para a súa execución deberán contar co informe previo da Xunta Rectora do Parque Natural.

9. Co fin de salvagarda-la tipoloxía constructiva tradicional elaborarase un catálogo de construccións e conxuntos sobresaíntes para os cales, unha vez catalogados, será preceptiva a adopción das medidas sinaladas no estudio tipolóxico e o emprego exclusivamente de materiais tradicionais propios da comarca, favorecendo neste caso a Xunta Rectora do Parque Natural o achegamento de axudas e subvencións ós propietarios particulares con vivendas e construccións catalogadas.

3. Intervención administrativa.

1. Competencia.

A Consellería de Medio Ambiente, como órgano ambiental competente en materia ambiental da Xunta de Galicia no ámbito do parque natural poderá utilizar para regula-las distintas actividades que se desenvolvan, os seguintes medios:

a) Ordes e resolucións.

b) Actos de control preventivo.

c) Fomento da actuación particular por medio de axudas, subvencións, compensacións e similares.

De igual xeito, a Xunta Rectora do Parque Natural deberá informar previamente e de acordo co seu Regulamento de réxime interno tódalas actividades que se desenvolvan no ámbito do parque natural e que precisen de autorización, permiso ou licencia, estean ou non incluídas nos instrumentos de planificación ou de ordenación.

2. Autorizacións.

Con independencia doutras licencias e permisos necesarios legalmente esixibles os actos do uso do solo e de construcción e edificación no territorio do parque natural deberán ser autorizados pola devandita consellería cando sexa necesario de acordo coa regulación que se contén no presente plan, agás nos núcleos rurais consolidados onde se precisará soamente o informe preceptivo e vinculante da Xunta Rectora do Parque Natural.

A Consellería de Medio Ambiente poderá delegar noutros organismos con competencia na materia a concesión das autorizacións, trala aprobación dos programas correspondentes.

3. Procedemento.

As solicitudes presentaranse na sede do parque natural ou en calquera outra oficina dependente da Consellería de Medio Ambiente.

Os informes que deba emiti-la Xunta Rectora deberán realizarse no prazo máximo dun mes contado a partir da recepción da solicitude. A Xunta Rectora do Parque Natural poderá delegar nunha comisión permanente que se creará con este fin.

Será de aplicación en tódolos casos a vixente Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Vixilancia ambiental.

O órgano xestor do parque natural exercerá as funcións de vixilancia e inspección necesarias para o cumprimento dos obxectivos previstos neste plan rector sen prexuízo das actuacións de outros organismos competentes que deberán axusta-las súas relacións recíprocas ás obrigas de información, colaboración, coordinación e respecto mutuo.

5291