Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 28 de xullo de 1999 Páx. 9.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xullo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Determinados polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro (DOG nº 239, do 11 de decembro de 1997) os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, con incidencia na estructura orgánica vixente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e fixada a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia polo Decreto 351/1997, do 10 de decembro (DOG nº 239, do 11), estableceuse unha nova estructura orgánica do citado departamento, introducindo cambios funcionais nalgunhas unidades administrativas coa finalidade de optimiza-los ámbitos de actuación, circunstancia que se recolle no Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG nº 141, do 23).

Por outra parte, a Orde do 8 de outubro de 1998, publicada no DOG nº 218, do 10 de novembro de 1998, fixou as sedes da Inspección Educativa da Comunidade Autónoma de Galicia, que quedaron conformadas pola Orde do 11 de febreiro de 1999 (DOG nº 55, do 22), representando un incremento de efectivos da inspección propiamente dita, así como dos correspondentes servicios de apoio a esta importante actividade.

Este cúmulo de circunstancias levaron á necesidade de redactar, tanto para os servicios centrais como para as delegacións provinciais e sedes da Inspección Educativa, novas relacións de postos de traballo (RPT) nas que se introducen os incrementos de persoal e modificacións necesarias para adecualas ás necesidades implícitas a tal optimización.

Por todo isto, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación desta modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día no que aquela se produza.

3. Clasificar como postos de libre designación de acordo coas motivacións que se especifican os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

ED.C01.00000.15770.001Secretario/a do conselleiro
ED.C02.00000.15770.001Secretario/a do secretario xeral
ED.C03.00000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeralArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).
ED.C04.00000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeral
ED.C05.00000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeral
ED.C06.00000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeral
ED.C07.10000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeral
ED.C99.10000.15001.001Secretario/a delegado/a provincialPostos de confianza.
ED.C99.10000.27001.001Secretario/a delegado/a provincial
ED.C99.10000.32001.001Secretario/a delegado/a provincial
ED.C99.10000.36001.001Secretario/a delegado/a provincial
ED.C02.00001.15770.011Xefe sección Xestión Económica e Habilitación
ED.C99.10000.15001.044Xefe sección Xestión Económica Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.
ED.C99.10000.27001.042Xefe sección Xestión Económica
ED.C99.10000.32001.040Xefe sección Xestión Económica
ED.C99.10000.36001.043Xefe sección Xestión Económica

ED.C02.00001.15770.040Inspector/a Servicios Educativos Complementarios
ED.C02.00001.15770.041Inspector/a Servicios Educativos Complementarios
ED.C99.10000.15001.208Inspector/a Servicios Educativos Complementarios Postos de confianza e especial responsabilidade na función inspectora por tratar temas moi sensibles.
ED.C99.10000.27001.175Inspector/a Servicios Educativos Complementarios
ED.C99.10000.27001.176Inspector/a Servicios Educativos Complementarios
ED.C99.10000.36001.192Inspector/a Servicios Educativos Complementarios
ED.C99.10000.36001.193Inspector/a Servicios Educativos Complementarios

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Persoal laboral

Na RPT da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no DOG nº 171, do 5 de setembro de 1997, no centro de destino S.X. de Promoción e Ensino da Lingua Galega, amortízase o posto de traballo ED.C07.00.001.15770.030-Documentalista.

Novos códigos de titulacións académicas:

3014.-Enx. Técn. informática de xestión.

3081.-Diplomado filoloxía.

Novos códigos de formacións específicas:

157.-Curso linguaxe administrativa.

217.-Formación profesional-Técn. superior Desenvolv. aplicacións Informát. (mérito).

482.-Enxeñería técnica informática de xestión (mérito).

486.-Licenciado en matemáticas (mérito).

487.-Licenciado en física (mérito).

488.-Licenciado en filoloxía (mérito).

489.-Enxeñería en informática (mérito).

490.-Enxeñería de telecomunicacións (mérito).

649.-Experiencia traducción entre galego e castelán.

974.-3 anos de experiencia na función inspectora (R.I.).

Claves de observacións:

(1) Ocupado por laboral fixo.

(2) Ocupado por docente.

(3) Ocupado por funcionario non pertencente a escala.

(4) Amortizar cando sexa vacante.

(5) Cando sexa vacante suprimir carácter informático.

(6) A regulación de acceso e provisión deste posto vén determinada no artigo 38 da Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes (BOE do 21-11-1995) e no Real decreto 2193/1995, do 28 de decembro (BOE nº 312, do 30 de decembro de 1995).