Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de xullo de 2003 pola que se particulariza para o exercicio 2003 o procedemento de concesión de axudas establecido na Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a promoción, fomento da calidade e busca de novas saídas comerciais dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

A Orde do 21 de setembro de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a promoción, fomento da calidade e busca de novas saídas comerciais dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 189, do 28 de setembro), modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000 (DOG nº 213, do 3 de novembro), establece no seu artigo 5 que os beneficiarios das axudas poderán ser empresas privadas e asociacións destas sen ánimo de lucro.

Por outra banda, o artigo 43 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que o prazo de presentación de solicitudes non será inferior a corenta (40) días hábiles.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para o exercicio 2000 e 2001 ó abeiro da referida orde e tendo entrado en vigor a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003, procede establece-las condicións particulares para a concesión destas axudas no exercicio 2003.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Para o exercicio orzamentario 2003 as axudas ó abeiro da referida Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000 e pola presente orde outorgaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: 12.03.770.0 e 770.1 (empresas privadas) e 12.03.780.0 (asociacións de empresas privadas sen ánimo de lucro) do programa 722B (promoción dos productos pesqueiros e fomento da calidade) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003, aprobados por Lei 6/2002, do 27 de decembro, ata un importe máximo, respectivamente, de 48.834 A (770.0), 48.834 A (770.1) e 97.668 A (780.0).

Artigo 2º

Para a concesión de axudas con cargo ó exercicio orzamentario 2003 ó abeiro da referida Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000 e pola presente orde, o prazo de presentación de solicitudes será de corenta (40) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2003.

Enrique López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL