Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 7 de xullo de 2003 pola que se resolve a orde de cesión de equipos de excarceración para misións de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 61, do 27 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local dictou normas para a concesión de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de equipos de excarceración para misións de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polos servicios provinciais de Protección Civil e a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comu

nidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, equipos novos de excarceración para misións de protección civil ós seguintes concellos: A Pontenova da provincia de Lugo e á Mancomunidade do Ribeiro da provincia de Ourense.

Segundo.-Concederlles, con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, material auxiliar de excarceración para misións de protección civil ós seguintes concellos: da provincia da Coruña: Carballo, A Coruña, Melide, Miño, Muxía, Noia, Oleiros, As Pontes de García Rodríguez, Rianxo, Santa Comba; da provincia de Lugo: Chantada; da provincia de Ourense: O Carballiño, A Gudiña, Lobios, Muíños, Xinzo de Limia e da provincia de Pontevedra: A Estrada, A Guarda, Mos, Sanxenxo, Mancomunidade do Val Miñor e Vilagarcía de Arousa.

Terceiro.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local