Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8166

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (197/2011).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LACN) 197/2011, seguido por instancia da entidade Prefabricados Caamaño, contra Javier Domínguez Costas e Ramón Fernández Eirín, no cal se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente din:

«Sentenza número 342/2011.

Presidente: Antonio J. Gutiérrez R. Moldes.

Maxistrados: Jaime Esain Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, 15 de setembro de 2011.

Vistos ante esta audiencia provincial, en grao de apelación, os autos de xuízo cambiario 279/2009, seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa, recurso de apelación (LACN) 197/2011, seguidos entre partes, dunha como recorrente Prefabricados Caamaño, representado polo procurador Antonio Daniel Rivas Gandasegui, dirixido polo letrado Adonis Alcalde Vicente, e doutra como recorridos Javier Domínguez Costa, representado polo procurador Luis Ángel Abalo Álvarez, e dirixido polo letrado Joaquín Buceta Hazas; Ramón Fernández Eirín. Actúa como relator Jaime Esain Manresa.

(Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos xurídicos).

Decidimos estimar o recurso de apelación interposto pola procuradora Ana María Bóveda Ríos, en nome e representación de Prefabricados Caamaño, revogar a sentenza impugnada, ditada en data 18 de outubro de 2010 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa, e desestimar a oposición deducida por Javier Domínguez Costa fronte á execución promovida pola apelante, ordenando a prosecución da execución conforme as cantidades fixadas en auto ditado en data 8.4.2009, sen facerse pronunciamento en custas do incidente de oposición en ambas as dúas instancias.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o/os recurso/s que cabe/n contra esta e unha vez firme, expídase o seu testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.

Notifíqueselles así mesmo esta resolución aos apelados rebeldes, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ramón Fernández Eirín, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación á dita persoa.

Pontevedra, 24 de outubro de 2011.

O/a secretario/a xudicial
Rubricado