Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 39987

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de análise e química industrial (590102); profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio (591208), servizos á comunidade (591225) e soldadura (591228); profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de contrabaixo (594406), gaita galega (594413) e viola (594431), e profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de materiais e tecnoloxía: deseño (595520).

Primeiro.

Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para os seguintes corpos e especialidades:

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidade

Titulación

Análise e química industrial (590102)

– Enxeñeiro químico.

– Licenciado en bioquímica.

– Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos.

– Licenciado en ciencias ambientais.

– Licenciado en farmacia.

– Licenciado en química.

– Enxeñeiro técnico forestal, especialidade en industrias forestais.

– Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en química industrial.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Especialidade

Titulación

Laboratorio (591208)

– Enxeñeiro químico.

– Licenciado en bioquímica.

– Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos.

– Licenciado en ciencias ambientais.

– Licenciado en farmacia.

– Licenciado en química.

– Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en química industrial.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Servizos á comunidade (591225)

– Licenciado en pedagoxía.

– Licenciado en psicoloxía.

– Licenciado en psicopedagoxía.

– Licenciado en socioloxía.

– Diplomado en educación social.

– Diplomado en traballo social.

– Mestre.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

Soldadura (591228)

– Licenciado en máquinas navais.

– Enxeñeiro industrial.

– Enxeñeiro naval e oceánico.

– Diplomado en máquinas navais.

– Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en equipamentos e materiais aeroespaciais.

– Enxeñeiro técnico agrícola, especialidade en mecanización e construcións rurais.

– Enxeñeiro técnico de obras públicas, especialidade en construcións civís.

– Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

– Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en mecánica.

– Enxeñeiro técnico naval, especialidade en estruturas mariñas.

– Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao EEES (Espazo Europeo de Educación Superior).

– Técnico especialista en construcións metálicas.

– Técnico especialista en fabricación soldada.

– Técnico especialista en soldadura.

– Técnico superior en construcións metálicas.

– Técnico especialista en caldeiraría en chapa estrutural.

– Técnico especialista en construción naval.

– Técnico especialista en trazador naval.

Corpo de profesores de música e artes escénicas

Os titulados superiores (título de profesor superior ou título superior de música na especialidade de pedagoxía ou especialidade correspondente) terán preferencia sobre os titulados de profesor do plan do ano 1966, aínda que o baremo sexa inferior.

Especialidade

Titulación

Contrabaixo (594406)

– Título de profesor superior nesta especialidade (Decreto 2618/1966).

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía do instrumento contrabaixo (Real decreto 617/1995).

– Título superior de música na especialidade de contrabaixo (Real decreto 617/1995).

– Título de profesor nesta especialidade (Decreto 2618/1966) ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Gaita galega (594413)

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía dos instrumentos da música tradicional e popular (Real decreto 617/1995).

– Título superior de música na especialidade de instrumentos da música tradicional e popular (Real decreto 617/1995).

Viola (594431)

– Título de profesor superior nesta especialidade (Decreto 2618/1966).

– Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía do instrumento viola (Real decreto 617/1995).

– Título superior de música na especialidade de viola (Real decreto 617/1995).

– Título de profesor nesta especialidade (Decreto 2618/1966) ou de acordo coas equivalencias establecidas no Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo (BOE do 9 de agosto).

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Especialidade

Titulación

Materiais e tecnoloxía do deseño (595520)

– Arquitecto

– Enxeñeiro industrial

– Grao en enxeñaría da edificación

Segundo.

Para o corpo de profesores de ensino secundario e o corpo de profesores técnicos de formación profesional:

1. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e, polo tanto, estar en posesión do correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

2. Non será necesaria a posesión do citado título oficial de máster antes mencionado para o solicitante que acredite estar en posesión, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título profesional de especialización didáctica, do certificado de cualificación pedagóxica ou do certificado de aptitude pedagóxica.

b) Estar en posesión dun título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre, ou dun título de licenciado en pedagoxía ou psicopedagoxía, así como calquera outro título de licenciado ou outra titulación declarada equivalente que inclúa formación pedagóxica e didáctica.

c) Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensino regrado, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. Esta experiencia docente acreditarase mediante certificación da dirección do centro, co visto e prace da Inspección Educativa.

Terceiro.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar en calquera rexistro oficial ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que se optase por presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Modelo de solicitude

O modelo de solicitude está á disposición das persoas interesadas na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es (profesorado-xestión de profesorado).

Quinto. Comisión baremadora

A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.

Sexto. Requisitos dos candidatos e candidatas

a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.

b) Para o corpo de profesores de ensino secundario e o corpo de profesores técnicos de formación profesional, estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica que se sinala no punto segundo deste anuncio.

c) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.

Malia o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no punto primeiro, non posúan o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que o acrediten. Neste caso, de ser seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do dito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Sétimo.

O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da Mesa Sectorial Docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 10 de maio de 2010, DOG do 19 de maio), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos