Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 991

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 26 de decembro de 2012 sobre a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello do Porriño para a corrección de erros no polígono da Granxa.

O Concello do Porriño presenta a modificación puntual do PXOM para a corrección de erros no polígono da Granxa, en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o disposto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

I.1. O concello do Porriño dispón na actualidade dun PXOM aprobado definitivamente o 10.4.2003, cun texto refundido aprobado o 26.6.2003.

I.2. Este PXOM mantivo a vixencia do Plan parcial da Granxa aprobado o 30.5.1994 e as súas 6 modificacións de datas 3.4.1998, 13.11.1998, 22.11.2001, 30.3.2003, 18.4.2005 e 11.10.2010; incorporándoo como ámbito de planeamento incorporado (OIPA-19).

I.3. En data 24.7.2007, a CPTOPT emitiu informe previo á aprobación inicial desta modificación, sen formular obxeccións, e precisou a necesidade de sometela a avaliación ambiental e de obter informe da Comisión Superior de Urbanismo.

I.4. Consta decisión do 15.4.2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, sobre a non necesidade de someter a MP a avaliación ambiental.

I.5. A presente modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 31.5.2010. Foi sometida a información pública con anuncios nos xornais Faro de Vigo do 5.6.2010 e Atlántico do 4.6.2010; e no Diario Oficial de Galicia do 30.6.2010.

I.6. Constan informes municipais, técnico do 11.3.2010 e xurídico do 19.4.2010.

I.7. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno do Porriño o 11.10.2010.

I.8. O 21.2.2011 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emite informe no seo do artigo 85.7 da LOUG en que unha serie de deficiencias documentais e procedementais.

I.9. O Concello do Porriño pediu os informes sectoriais da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (19.7.2011) e da Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento (13.7.2011 e do 9.7.2012).

I.10. A modificación puntual foi aprobada polo Concello Pleno do Porriño o 27.8.2012.

II. Análise e consideracións.

Analizada a documentación remitida polo Concello do Porriño, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. A MP ten por finalidade a corrección dos erros producidos na transposición do Plan parcial da Granxa nos documentos gráficos e escritos do PXOM, no ámbito do OIPA-19 (Ordenanza de incorporación de planeamento nº 19, da ordenanza 7 do PXOM).

2. Esta finalidade pode considerarse como interese público para fundamentar a modificación de planeamento ao abeiro do artigo 94.1 da LOUG.

3. A MP supón incorporar ou excluír 10 pequenas porcións de terreo no bordo leste do OIPA-19, asignándolles a ordenación detallada das parcelas estremeiras.

Redefinir o límite entre o OIPA-19 e o OIPA-20.

Excluír no suroeste do OIPA-19 terreos que estaban fóra do PP e clasificalos como SRPI.

Excluír banda de terreos de 17.683 m2, do oeste do sistema xeral de zonas verdes SJ15 do PXOM (parcela 261 do PP) que bordea a N-550 (SV8) para clasificala como SRPI.

Excluír dese sistema xeral de zonas verdes SJ15 as parcelas: 260 do PP (16.801 m2), lámina de auga da Lagoa-2 Riego (19.146 m2) e parcela con edificación rodeada pola parcela 261 (1.944 m2) para integralas no OIPA-19 coa súa ordenanza de equipamento comercial e social do PP.

Incluír no sistema xeral de zonas verdes SJ15 unha banda de terreo paralela ao SV8 de 12.724 m2, que se deduce do OIPA-19, parcela nº 262 do PP.

4. Considerando que a modificación afecta terreos cualificados como espazos libres públicos, solicitouse o informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo na súa sesión do 19.12.2012, de conformidade co previsto no artigo 94.4 da LOUG.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

IV. Resolución.

Visto o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual do PXOM do Porriño para corrección de erros no polígono da Granxa, de acordo co artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Segundo. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

Terceiro. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas