Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11794

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de abril de 2013 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións e se modifica a autorización do centro privado San Martín do concello de Ourense.

O centro privado San Martín, do concello de Ourense, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da praza de Santa Eufemia, 1-3 á avda. de Marín, 23-25 de Ourense, a supresión de 1 ciclo formativo de grao medio (CM) de Coidados Auxiliares de Enfermaría, en quenda de tarde-noite, e a autorización para impartir o CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións, a supresión dun CM Coidados Auxiliares de Enfermaría en quenda de tarde-noite e a implantación do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: San Martín.

Código do centro: 32015530.

Domicilio: avda. de Marín, 23-25.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Estudios San Martín Cooperativa, Sociedade Cooperativa Galega.

2. Composición resultante:

Quenda de mañá:

– 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 1 PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) Informática.

– 1 PCPI Servizos Administrativos.

Quenda de tarde-noite:

– 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 30 alumnos/as).

– 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 1 PCPI (Programa de Cualificación Profesional Inicial) Informática.

– 1 PCPI Servizos Administrativos.

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria