Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49628

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2014.

O Regulamento (CE) 1234/2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas, e o Regulamento (CE) 555/2008, que o desenvolve, así como as súas modificacións posteriores, regulan os programas de apoio ao sector vitivinícola que os Estados membros poden presentar á Comisión.

O Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, recolle o conxunto de disposicións que desenvolve o Programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 ao 2018.

Este real decreto, que é unha continuación do Real decreto 244/2009, de aplicación das medidas do Programa de apoio ao sector vitivinícola español no período anterior, establece, entre outras medidas de apoio, as recollidas no programa presentado por España relativas á promoción en mercados de terceiros países. Este real decreto establece así mesmo que a instrución, resolución e pagamento das axudas lle corresponde ás comunidades autónomas en función das súas competencias. Para os efectos de garantir o coñecemento por parte dos potenciais beneficiarios da normativa aplicable a estas subvencións, óptase por reiterar literalmente o real decreto estatal.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2014.

Capítulo I
Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de medidas
de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 2. Réxime xurídico

O réxime xurídico aplicable ás axudas que regulan estas bases está integrado polo Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións especificas para determinados produtos agrícolas, modificado mediante o Regulamento (CE) nº 491/2009, do Consello, do 25 de maio; polo Regulamento (CE) nº 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008, do Consello, polo que se establece a organización común do mercado vitivinícola, no relativo aos programas de apoio, o comercio con terceiros países, o potencial produtivo e os controis no sector vitivinícola; o Regulamento (UE) nº 772/2010, da Comisión, do 1 de setembro, que modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008; polo Regulamento (UE) nº 568/2012, da Comisión, do 28 de xuño, que modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008; polo Regulamento de execución (UE) nº 202/2013, da Comisión, do 8 de marzo; polo Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, que recolle o conxunto de disposicións que desenvolve o Programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 ao 2018; pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co establecido no seu artigo 3.3º, e polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve, de acordo co establecido no seu artigo 2.1º.

Artigo 3. Tipos de accións e duración dos programas

1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países poderán incluír calquera das accións mencionadas no artigo 103 septdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 2 de outubro, e das actividades relacionadas no anexo III desta orde.

2. As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan nun ou en varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

3. Os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos por beneficiario e país. No entanto, poderán ser prorrogados por un período de non máis de dous anos, logo de solicitude, de acordo co previsto no parágrafo 6 do artigo 7.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas.

b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no artigo 125 sexdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro.

c) Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.

d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.

e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

f) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 1 do artigo 8 do Real decreto 548/2013, non serán admisibles as solicitudes de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

2. Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade técnica e financeira para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos, para asegurar a resposta fronte ás demandas que se podan xerar como efecto da promoción realizada.

Artigo 5. Produtos e países que poden ser obxecto de accións

1. Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.

b) Viños con indicación xeográfica protexida.

c) Viños nos cales se indique a variedade de uva de vinificación.

2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países e serán prioritarios os recollidos no anexo VII.

Artigo 6. Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as medidas que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 15 de xuño de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.

4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. O órgano colexiado previsto no artigo 19, e co obxecto de favorecer a coherencia e eficacia da medida, poderá establecer anualmente directrices sobre as campañas de información e de promoción, que se regularán polo disposto nesta sección.

Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. Os interesados que reúnan as condicións previstas no artigo 4 presentarán as propostas de accións e programas e a documentación correspondente en instancia dirixida á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, de acordo co modelo que figura no anexo I que vai con esta orde.

2. As peticións incluirán a seguinte documentación:

– Solicitude: anexo I debidamente cuberto.

– Memoria, que deberá conter cando menos a información prevista no anexo II.

– Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou persoa solicitante (fotocopia do NIF no caso de persoa xurídica ou fotocopia do DNI no caso de persoa física). No caso do DNI, só será necesario presentalo se o beneficiario non lle outorga expresamente a autorización á consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

– Fotocopia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.

– Fotocopia compulsada das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Fotocopia das declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos.

– Fotocopia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado.

3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente e, en todo caso, rematará antes do 15 de febreiro de cada ano.

4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia acompañado do resto da documentación requirida. Neste caso, o lugar de presentación prioritario será a Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria dos servizos centrais da Consellería do Medio Rural e do Mar. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación establecido na convocatoria.

5. As accións e programas presentados deberán conter cando menos a información prevista no anexo II da memoria e:

– Cumprir o disposto nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa aos produtos considerados e á súa comercialización.

– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que poda avaliarse a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.

– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.

Conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto supere a contía de 50.000 € no caso de obras, ou de 18.000 € no resto dos casos, deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos que non se acredite o cumprimento deste requisito.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

6. No caso de prórroga dun programa, de acordo co parágrafo 3 do artigo 3, ademais da documentación prevista nos parágrafos 1 e 4 deste artigo, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. Este informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolto, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.

7. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda), consonte o establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para eses efectos, a presentación da solicitude de axuda supón a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda, consonte o establecido no artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

9. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións que se determinan no punto 2, salvo que os documentos exixidos xa estivesen no poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a su presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 8. Instrución e resolución

1. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nesta orde, a unidade correspondente da dita secretaría xeral requirirá o interesado para que a repare no prazo máximo e improrrogable de dez días, e indicaralle que, se non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no número anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento, nin incluíndo novos conceptos para os cales se solicita axuda.

3. O exame e valoración das solicitudes levaraos a cabo unha comisión de valoración constituída do seguinte xeito:

– Presidente: o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– Vogais: dous funcionarios do Servizo de Industrialización e Comercialización.

– Secretario: un funcionario do dito servizo, que actuará con voz e sen voto.

4. A Comisión de Valoración, facendo aplicación dos criterios e das especificacións establecidos no anexo V, examinará as solicitudes presentadas e emitirá un informe coa valoración, que elevará á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, a cal elaborará unha lista provisional cos programas seleccionados priorizados, que lle remitirá ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente antes do 15 de abril de cada ano. Non se incluirán nesa lista os programas que non teñan unha puntuación de polo menos 30 puntos.

Consideraranse prioritarios os programas presentados por microempresas e pequenas e medianas empresas, os presentados por novos beneficiarios que non teñan recibido apoio anteriormente e os presentados por beneficiarios que, tendo recibido axuda anteriormente, se dirixen a un novo terceiro país.

5. De acordo co establecido no artigo 10 do Real decreto 548/2013, no seo da Mesa de Promoción Alimentaria, aprobada na Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural do 19 de febreiro de 2007, integrada por representantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e das comunidades autónomas, constituirase unha Comisión Nacional de Selección de Programas.

Esta comisión será a responsable de elaborar, para cada exercicio Feaga, a lista definitiva das accións e programas que se lle propoñan á Conferencia Sectorial para a súa aprobación.

6. A lista definitiva elaborarase a partir das listas provisionais remitidas polas comunidades autónomas e, se procede, tendo en conta os seguintes criterios:

a) A relación calidade/prezo dos programas valorada de acordo co anexo V.

b) A oportunidade e calidade dos programas e a súa conformidade coas directrices mencionadas no artigo 6 da presente sección.

c) O interese nacional e comunitario dos programas.

d) A súa compatibilidade, coherencia e complementariedade coas medidas de promoción que se estean desenvolvendo a nivel nacional ou comunitario.

e) O incremento previsible da demanda dos produtos considerados, derivado das medidas propostas.

f) A dispoñibilidade orzamentaria.

A Comisión poderá, segundo proceda, propoñer:

a) Se o gasto total previsto nas solicitudes tramitadas non excede o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida:

1º. A aprobación de todas as solicitudes tramitadas que se axusten á estratexia e directrices establecidas, de ser o caso, polo comité previsto no artigo 19.

2º. A aprobación, condicionada á aceptación de certas adaptacións que se axusten á estratexia e directrices establecidas, se é o caso, polo comité previsto no artigo 19.

b) Se o gasto total previsto nas solicitudes tramitadas excede o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida:

1º. A aprobación das solicitudes tramitadas que se axusten á estratexia e directrices establecidas, de ser o caso, polo comité previsto no artigo 19, ata o límite das dispoñibilidades orzamentarias.

2º. A aprobación condicionada á aceptación de certas adaptacións que se axusten á estratexia e directrices establecidas, se é o caso, polo comité previsto no artigo 19, ata o límite das dispoñibilidades orzamentarias.

3º. O incremento da dotación orzamentaria destinada á medida.

7. Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo máximo de 6 meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo de seis meses sen terse notificado aos interesados ninguna resolución, estes poderán entender rexeitada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. A resolución de concesión indicará os gastos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se consideren necesarias para garantir o cumprimento dos obxectivos da axuda. Especificamente indicará o prazo máximo para a realización e xustificación dos gastos efectuados.

A dita resolución de concesión indicará tamén expresamente a procedencia dos fondos.

9. As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

10. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicaranlle, no prazo de 15 días a partir da notificación desta, á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, de acordo coas condicións previstas no Regulamento de execución (UE) nº 282/2012, da Comisión, do 28 de marzo, polo que se establecen as modalidades comúns de aplicación do réxime de garantías para os produtos agrícolas, por un importe non inferior ao 15 % do montante anual do financiamento comunitario, co fin de asegurar a execución correcta do programa.

11. A exixencia principal, de acordo co artigo 20 do Regulamento de execución (UE) nº 282/2012, da Comisión, do 28 de marzo, será a execución das accións obxecto da resolución favorable, que deberá acadar, polo menos, o cumprimento do 75 % do orzamento total.

Artigo 9. Modalidades de pagamento das axudas

1. As axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países pagaranse despois da xustificación dos investimentos de acordo co establecido no artigo 10.

2. Non obstante, o beneficiario poderá solicitar un anticipo polo 80 % da contribución comunitaria anual.

O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía financeira, por un importe igual ao 110 % do anticipo da axuda, de conformidade coas condicións establecidas no capítulo III do Regulamento de execución (UE) nº 282/2012, da Comisión, do 28 de marzo.

A garantía será liberada cando se teña recoñecido o dereito definitivo a percibir o importe anticipado.

Artigo 10. Tramitación do pagamento das axudas

1. Os beneficiarios poderán elixir entre a posibilidade de solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución comunitaria anual. As solicitudes referiranse a accións realizadas e pagadas.

2. Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva a este fin.

3. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade e, con data límite do 14 de xullo dese ano, o beneficiario solicitará o pagamento da axuda e presentará, preferentemente nos servizos centrais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sempre destinada á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, en Santiago de Compostela, a seguinte documentación:

a) Informe resumo das actuacións desagregadas en actividades co correspondente importe orzamentario e o custo final de cada unha delas, e unha avaliación dos resultados obtidos que poidan verificarse na data do informe.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo XI, xunto cos orixinais e copias das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados.

c) Extracto bancario da conta mencionada no número 2 deste artigo en que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas na letra b) deste número.

d) Relación de ofertas solicitadas e elixidas seguindo o modelo do anexo X.

e) Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

4. O pagamento estará supeditado á presentación das contas auditadas e dos informes de auditoría de contas realizados por un auditor de contas ou sociedade de auditoría legalmente recoñecidos ou, no seu defecto, a verificación por parte do persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar das facturas e dos documentos mencionados no parágrafo 4 deste artigo.

5. Poderanse considerar subvencionables os custos de persoal da empresa dedicado especificamente ás actividades de promoción. Tamén serán subvencionables os custos xerais do beneficiario. As condicións para a subvencionabilidade deses gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.

6. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.

7. Así mesmo, de cara á xustificación técnica das accións, poderanse solicitar ao beneficiario medios de proba da realización das accións promocionais.

8. A Comunidade Autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento.

Artigo 11. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase de conformidade co artigo 3 do Regulamento (CE) nº 1290/2005, do Consello, do 21 de xuño, sobre o financiamento da política agrícola comunitaria.

2. A participación financeira da Unión Europea nos programas seleccionados non poderá superar o 50 por cento dos gastos subvencionables.

3. A achega económica dos beneficiarios poderá proceder de tarifas e contribucións obrigatorias.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Así mesmo, a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Non se poderán modificar produtos, actividades e custos das accións e programas salvo cando sexa patente que se obterán mellores resultados coas modificacións propostas, condición que deberán demostrar de forma fidedigna e obxectiva os beneficiarios. Calquera destas modificacións debe ser obxecto dunha notificación previa á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar nun prazo de, cando menos, 15 días antes da súa realización, e sempre antes do 1 de maio. A dita secretaría xeral deberá comprobar e, de ser o caso, autorizar as modificacións propostas, que deberán cumprir os requisitos para ser subvencionables.

3. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes comunicaralle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente antes do 1 de xuño as modificacións producidas que afecten as anualidades en curso.

4. En ningún caso se poderán modificar á alza os orzamentos aprobados para os programas, nin se poderán incluír novos países.

Artigo 13. Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederase a aboarlle a totalidade da subvención concedida.

No caso contrario, existirá un incumprimento, polo que se aplicarán os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos as actuacións obxecto da axuda, aboaráselle a subvención proporcional correspondente sempre que estea relacionada con actuacións finalizadas, xustifique cando menos o 75 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpran o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario non realice nin xustifique nos prazos establecidos ningunha das actuacións obxecto da axuda, existirá un incumprimento total e non se lle pagará ningunha axuda. Igualmente non se pagará ningunha axuda cando xustifique menos do 75 % do orzamento total obxecto da resolución favorable.

Artigo 14. Pagamentos indebidos e sancións

1. En calquera caso, procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas ao abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en xeral, nos casos establecidos na normativa de aplicación vixente. Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución. O tipo de xuro que se aplicará será o de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 15. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar adoptará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control que deberá establecer o Fondo Español de Garantía Agraria, en colaboración coas comunidades autónomas. Para eses efectos, os beneficiarios das axudas deberán conservar a documentación relacionada coas operacións obxecto de axuda.

2. O plan xeral de control será executado anualmente sobre a base dunha análise de riscos que incluirá, polo menos, o 20 % dos programas pagados no ano anterior e terá por obxecto comprobar:

A exactitude da información facilitada coa solicitude de pagamento.

A realidade e regularidade das facturas presentadas como xustificantes dos gastos.

A exactitude do extracto bancario.

Que non se perciben axudas recollidas no artigo 20, letra c), inciso iii), do Regulamento (CE) nº 1698/2005, ou do artigo 2, alínea 3, do Regulamento (CE) nº 3/2008.

3. Con independencia do plan xeral de control a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería do Medio Rural e do Mar poderá desenvolver todas aquelas actuacións de control que considere precisas.

4. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 16. Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas tanto coa normativa comunitaria, como coa lexislación do terceiro país en que se desenvolva o programa. Para iso o beneficiario presentará ante a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente.

Artigo 17. Autorizacións e obrigas do beneficiario

1. De conformidade co artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, as concesións das subvencións convocadas conforme estas bases reguladoras, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada web.

2. Segundo o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

3. O beneficiario deberá cumprir as obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 18. Compatibilidade das axudas

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural e ás accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países recollidas na alínea 3 do artigo 2 do Regulamento (CE) nº 3/2008, do Consello, do 17 de decembro de 2007.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas á mesma finalidade.

Artigo 19. Comité de avaliación e seguimento da medida

Segundo o establecido no artigo 19 do Real decreto 548/2013, no marco da Mesa de Promoción Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, constituirase un comité de avaliación e seguimento da medida de promoción, que terá as seguintes funcións:

a) Elaboración da estratexia e directrices previstas no artigo 6.

b) Seguimento da execución e avaliación das accións e programas.

c) Proposta de accións e programas de interese xeral.

d) Propoñer prioridades respecto a produtos e países destinatarios.

CAPÍTULO II
Convocatoria das axudas para a execución de medidas de promoción
do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 20. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2014.

Artigo 21. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de xaneiro de 2014.

Artigo 22. Gastos atendibles na convocatoria de 2014

Para a convocatoria de 2014 serán atendibles os gastos realizados entre o 15 de xuño de 2014 e o 14 de xuño de 2015.

Artigo 23. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713-D.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, cunha dotación de 1.000.000 de €, e para o ano 2015 cunha dotación de 1.400.000 €.

Esta dotación poderá verse incrementada con fondos transferidos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de acordo co previsto no Real decreto 244/2009, do 27 de febreiro, modificado polo Real decreto 461/2011, do 1 de abril, e con outros remanentes orzamentarios, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro do 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2014, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Disposición adicional única

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto nos regulamentos (CE) 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro; (CE) 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño; (UE) 772/2010, da Comisión, do 1 de setembro; (UE) 568/2012, da Comisión, do 28 de xuño; no Regulamento de execución 202/2013, da Comisión, do 8 de marzo; no Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do Programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, que recolle o conxunto de disposicións que desenvolve o Programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 ao 2018; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Memoria

I. Formulario do beneficiario.

Encher un único formulario por beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 4 da presente orde).

1.3. Trátase dun novo beneficiario? SI/NON.

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes.

– Representatividade (figuras de calidade a que pertence e número de tipos de viño que comercializa para cada unha).

– Importancia no sector (volume comercializado, valor da produción comercializada, valor da produción comercializada no exterior).

– A empresa utiliza marcas colectivas? SI/NON. En caso afirmativo indicar as marcas e as empresas amparadas por cada unha delas.

1.5. Tamaño da empresa.

Especificar se se trata dunha peme, conforme a Recomendación 2003/361/CE, da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

1.6. O beneficiario é un grupo empresarial? SI/NON.

En caso afirmativo especifíquense cales son as adegas do grupo que participan no programa e a súa importancia relativa.

2. Acreditación da capacidade financeira.

2.1. Balance de contas.

Copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) ou do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Especificar se os recursos son propios ou alleos.

Se se seleccionaron varios organismos de execución, indique as actuacións que aplicarán cada un deles.

Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal), datos do departamento de márketing (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa. Experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Volume de comercialización para posible resposta comercial.

4.2. Diversidade de tipos de viño e zonas xeográficas nas cales está presente.

II. Formulario de programa.

Encher un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produto(s).

Especifíquese a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando tipos e prezos de venda previstos. Indicar o valor engadido previsto para os produtos obxecto do programa, calculado como o incremento medio previsto (en %) do prezo de venda de todos os produtos obxecto do programa tras a súa execución con respecto do prezo de venda actual.

1.2. Mercado(s) destinatario(s).

Especificar os países de destino e detallar os motivos polos que foron seleccionados.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país)? SI/NON.

En caso afirmativo especificar o(s) novo(s) país(es) de destino, así como o orzamento total destinado a eses novos países.

1.4. Duración: 12-24-36 meses.

1.5. É continuación dun programa presentado no exercicio anterior? SI/NON.

1.6. Trátase dunha prórroga? SI/NON.

2. Obxectivo.

Especificar os obxectivos concretos e, se for posible, cuantificados.

3. Estratexia.

Especificar que instrumentos de márketing e comunicación se utilizarán para alcanzar os obxectivos do programa.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de cada unha das accións e actividades por país.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as actividades (mencionar a cidade ou, en casos excepcionais, rexión; por exemplo, «os Estados Unidos» non é suficientemente preciso).

5. Público obxectivo.

Especificar se vai dirixido a consumidores, a distribuidores (supermercados, grosistas, retallistas especializados, abastecedores, restaurantes) a importadores, a líderes de opinión (periodistas e expertos gastronómicos), a escolas de gastronomía e restauración…

6. Mensaxes.

Sobre as cualidades intrínsecas dos produtos, ou no caso de tratarse de viños que contan cunha indicación xeográfica, a orixe do produto.

7. Repercusión previsible.

Polo que se refire á evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Especificar e cuantificar a repercusión previsible en termos de resultados. En particular indicarase a repercusión económica previsible estimando o incremento de vendas previsto.

7.2. Especifíquese o método cuantitativo e/ou cualitativo que se utilizará para medir os resultados ou repercusións.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Describir o posible interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Elaborar un cadro recapitulativo de accións e actividades para cada país de destino e exercicio, así como un xeral cos totais e os custos de persoal e indirectos, seguindo os modelos indicados.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e á mesma orde que a descrición das accións e actividades.

País: …………………………..

Período 15.6.2014 ata 14.6.2015.

Acción

Actividade

Importe (€)

1. Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade.

Importe total acción: Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade

2. Participación en feiras e exposicións.

Importe total acción: Participación en feiras e exposicións

3. Campañas de información

Importe total acción: Campañas de información

4. Estudos de novos mercados

Importe total acción: Estudos de novos mercados

5. Avaliación de resultados

Importe total acción: Avaliación de resultados

Importe total país ................................................................

Orzamento total do período 15.6.2014 ata 14.6.2015.

Acción

Descrición

Importe (€)

Custos das actividades de todos os países:

Custos de persoal

Custos indirectos

Importe total do programa (custos das actividades de todos os países máis custos de persoal e indirectos):

10. Plan de financiamento.

Financiamento

Importe (€)

Período 15.6.2014 ata 14.6.2015

%

UE

Propoñente

50

50

Total

100

11. Outros datos pertinentes.

Indicar outros datos non citados anteriormente que se consideren relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

Anexo III
Accións e actividades de promoción

Accións

(Artigo 103 septdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007)

Actividades

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos comunitarios en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente

Misións comerciais

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos etc.)

Promocións en puntos de venda

Portais web para promoción exterior

Misións inversas

Oficinas de información

Gabinete de prensa

Presentacións de produto

b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional

Feiras e exposicións internacionais etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores

c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas comunitarios de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores

Xornadas, seminarios, catas, degustacións etc.

d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais

Estudos e informes de mercado

e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción

Auditorías de execución de medidas e gastos das accións

ANEXO IV
Lista de produtos que poden ser obxecto de accións

Viño

Viño de licor

Viño espumoso

Viño espumoso de calidade

Viño espumoso aromático de calidade

Viño de agulla

Viño de agulla gasificado

Viño de uvas pasificadas

Viño de uvas sobremaduradas

Viños ecolóxicos

ANEXO V
Criterios de avaliación

Puntuación máxima.

1. Características do propoñente:

a) Representatividade do propoñente .................................................................

5 puntos

b) Microempresas e pequenas e medianas empresas ........................................

10 puntos

c) Programas presentados por novos beneficiarios ou que teñan como obxectivo un novo país ........................................................................................

10 puntos

               1. Subtotal .............................................................................................

25 puntos

2. Calidade e eficacia do programa:

a) Produtos obxecto de promoción ......................................................................

5 puntos

b) Mercado de destino .........................................................................................

5 puntos

c) Duración do programa .....................................................................................

5 puntos

d) Presentación e calidade do programa .............................................................

10 puntos

e) Alcance e cobertura do programa ...................................................................

10 puntos

f) Coherencia entre os obxectivos, as actividades e as canles
de información .....................................................................................................

10 puntos

g) Método para medir a repercusión do programa ..............................................

5 puntos

h) Relación calidade/prezo ..................................................................................

15 puntos

               2. Subtotal .............................................................................................

65 puntos

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

Programas relativos á produción en Galicia de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade ...............................................

10 puntos

               3. Subtotal .............................................................................................

10 puntos

Valoración total xeral ...........................................................................................

100 puntos

Especificacións dos criterios

1. Características do propoñente.

a) Representatividade do propoñente: en función da importancia da empresa ou o colectivo.

• 3 puntos segundo as denominacións de orixe protexidas e as indicacións xeográficas protexidas que representan os produtos (tipos de viño) e ámbito xeográfico que abarca.

• 2 Preferencia ás marcas colectivas.

b) Microempresas e pequenas e medianas empresas: segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE, da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

c) Programas presentados por novos beneficiarios ou que teñan como obxectivo un novo país: a puntuación repartirase de forma proporcional á porcentaxe do orzamento destinado a novos países e corresponderán os 10 puntos só aos programas nos cales estes destinos supoñan o 100 % do orzamento.

2. Calidade e eficacia do programa.

a) Produtos obxecto de promoción.

Os 5 puntos repartiranse en función da amplitude e diversidade da carteira de produtos e do valor engadido do produto (tanto en prezo, como en adaptación ao mercado de destino).

b) Mercado de destino:

Os 5 puntos repartiranse segundo o mercado elixido. Concederanse 5 puntos para os mercados considerados prioritarios e 2 puntos se o mercado de destino non se encontra entre os prioritarios detallados no anexo III.

A repartición farase de forma proporcional á porcentaxe de orzamento destinada aos países prioritarios e corresponderán os 5 puntos só aos programas nos cales estes destinos supoñan o 100 % do orzamento.

c) Duración dos programas:

No caso de programas plurianuais: concederanse os 5 puntos aos programas cuxa duración sexa polo menos de 24 meses.

No caso de programas anuais: concederanse os 5 puntos se son continuación dun programa presentado no exercicio anterior que fose executado correctamente.

d) Presentación e calidade do programa:

Para valorar esta epígrafe terase en conta o grao de concreción e detalle dos diferentes aspectos do programa, en especial, o obxectivo que se persegue, as actividades, a calidade das mensaxes (existencia de creatividade), o grupo destinatario, os medios para desenvolver o programa (a través dunha axencia), o calendario de actividades.

e) Alcance e cobertura do programa:

A puntuación concederase da seguinte forma:

– 2,5 puntos en función do alcance e da cobertura en termos de accións previstas.

– 2,5 puntos en función do alcance e da cobertura en termos de grupo destinatario (número de contactos previstos etc.).

– 5 puntos en función do alcance previsto en termos de notoriedade e repercusión económica dos cales:

• 2,5 puntos para valorar a notoriedade prevista. Teranse en conta as actividades incluídas no programa que van dirixidas a aumentar a notoriedade, entre outras, medios (TV, radio, internet, redes sociais…), feiras...

• 2,5 puntos para valorar a posible repercusión económica. Teranse en conta as previsións en canto a incrementos de vendas…

f) Coherencia entre os obxectivos, as actividades e as canles de información.

Valorarase a adecuación das actividades e canles elixidas, para o cumprimento dos obxectivos marcados.

g) Método para medir a repercusión.

A asignación dos 5 puntos realizarase da seguinte maneira:

• 5 puntos se existe un método de avaliación descrito e coherente co obxectivo que se avalía.

• 3 puntos se existe un método descrito pero non de todo adecuado ao obxectivo que se valora.

• 0 puntos se existe un método descrito pero non se adecua ao obxectivo que se valora ou se non existe método para valorar a repercusión.

h) Relación calidade/prezo:

• 5 puntos a repartir en función da adecuación dos custos do programa aos prezos de mercado.

• 10 puntos a repartir segundo o importe resultante de dividir o custo da acción proposta e o incremento previsible das súas vendas (ou outros indicadores de repercusión do programa).

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

Asignaranse 10 puntos aos programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade.

ANEXO VII
Lista de países prioritarios

Países incluídos nos plans integrais de desenvolvemento de mercados da Secretaría de Estado de Comercio:

a) Alxeria.

b) Australia.

c) Brasil.

d) China.

e) Corea do Sur.

f) Estados Unidos.

g) India.

h) Indonesia.

i) Xapón.

j) Marrocos.

k) México.

l) Rusia.

m) Singapur.

n) Suráfrica.

o) Turquía.

p) Países do Golfo (Arabia Saudita, Kuwait, Bahrein, Qatar, EAU, Omán).

Outros países:

a) Canadá.

b) Noruega.

c) Suíza.

ANEXO VIII
Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal
e gastos xerais

Para resultar subvencionables estes gastos deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Custos de persoal da empresa dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa, mediante os datos do contrato e a cotización á Seguridade Social a cargo da empresa. Tanto se é persoal técnico como administrativo, deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b) Custos de persoal da empresa non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato e a cotización á Seguridade Social. Ademais deberán presentar as correspondentes táboas horarias onde se indique categoría profesional, número de horas de dedicación, custo horario e custo total; así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia das ditas táboas co programa e subvencionarase unicamente o importe xustificado mediante esas táboas.

c) Gastos xerais: serán subvencionables os custos xerais do beneficiario ata un límite dun 4 por cento dos custos efectivos de execución das actividades promocionais. Estes gastos para ser subvencionables deberán estar previstos como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

ANEXO IX
Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas axudas de custo diarias.

• Gastos bancarios, intereses bancarios ou primas das pólizas de seguros.

• Perdas por cambio de divisas.

• No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (ex. custos de creación de páxinas web, anuncios de TV e radio, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado etc.).

• Gastos que estean fora do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Tampouco poderán considerarse subvencionables gastos equivalentes a descontos comerciais, nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

missing image file
missing image file
missing image file