A Orde do 22 de xullo de 2013 (DOG do 8 de agosto) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2012/2013, establece, no seu artigo 12.2, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia que recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.
Unha vez publicada a relación provisional da proposta, dado cumprimento ao disposto no citado artigo 12.2, vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección de adxudicación dos premios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2012/2013, ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2012/2013
|
Código persoal |
|
RZJX1LEJ |
|
MS9A9QLQ |
|
89VW9GYS |
|
8QYAF88K |
|
85OM01B8 |
|
HO4VKQ79 |
|
DV24OYEL |
|
6GPBJ8WA |
|
0SBHVT7V |
|
4BCRAGBI |
|
IOBZK3F8 |
|
OHEDU5MY |
|
4LHHDYC7 |
|
SZ0T5F5C |
|
VR1Z3KSB |
|
4W77MB1Z |
|
GU3M7KHU |
|
PUSK488A |
O alumnado premiado deberá acreditar, no prazo de dez días, a información requirida no artigo 13.2 da Orde do 22 de xullo de 2013 (DOG do 8 de agosto).

