Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48281

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público 2014.

Con data do 30 de decembro de 2014, a Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria e urxente, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2014, integrada polas seguintes 34 prazas vacantes:

a) Persoal funcionario (16 prazas, catro delas pola quenda libre).

Nº de vacantes

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Clase

Quenda de acceso

7

Administrativo/a Administración xeral

C1

Admón. xeral

Administrativa

----------

Promoc. interna

2

Auxiliar Administración xeral

C2

Admón. xeral

Auxiliar

----------

Promoc. interna

1

Alguacil-notificador/a

E

Admón. especial

Servizos especiais

Funcións especiais

Promoc. interna

1

Sarxento extinción incendios

C1

Admón. especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Promoc. interna

1

Cabo extinción incendios

C2

Admón. especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Promoc. interna

4

Bombeiro/a

C2

Admón. especial

Servizos especiais

Extinción incendios

Libre

b) Persoal laboral: 18 prazas (15 delas de oficiais de oficios do grupo C2 de titulación e 3 de axudante de oficios do grupo transitorio E), pola quenda de promoción interna.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público(1), resérvase un total de 2 prazas (7 % das 4 prazas ofertadas pola quenda libre e das 30 reservadas por promoción interna), para persoas con discapacidade:

– Unha praza de administrativo/a de Administración xeral, da quenda de promoción interna.

– Unha praza de auxiliar de Administración xeral, da quenda de promoción interna».

(1)As mencións á Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, deben entenderse referidas ao Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Vigo, 10 de decembro de 2015

(Decreto de Alcaldía e Acordo da Xunta de Goberno local do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal