Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48738

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (734/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 734/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 201/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Auditorio de Galicia

Avogado: Carlos González-Concheiro Álvarez

Procuradora: Belén Casal Barbeito

Recorrido: Manuel Cao Collazo

Avogado: Sergio Campos Nieto

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial

Recorrida: Dado Dadá, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 734/2015 desta sección, seguido por instancia do Auditorio de Galicia contra a empresa Dado Dadá, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Manuel Cao Collazo, sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza con data do 30 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Carlos González-Concheiro Álvarez, na representación que ten acreditada do Auditorio de Galicia, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, en data do 13 de novembro de 2014, en autos seguidos por instancia de Manuel Cao Collazo fronte á entidade recorrente e a empresa Dado Dadá, S.L. sobre despedimento, en que foi citado como parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, deixando sen efecto a condena que nela se efectúa contra o Auditorio de Galicia, polo que procedemos á libre absolución da dita codemandada, mantendo o resto dos pronunciamentos que contén na súa integridade, sen que proceda facer imposición das custas do recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dadá, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

La letrada da Administración de xustiza