Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 962

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases de subvencións á produción escénica e se convocan para o ano 2016.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do 28 de decembro de 2015, cómpre facer as oportunas correccións.

Na páxina 48624, base décimo terceira, punto 4, onde di:

«O prazo de xustificación da subvención será de un mes desde a data de finalización das actividades subvencionadas, e rematará o 30 de abril de 2016».

Debe dicir:

«O prazo de xustificación da subvención será de un mes desde a data de finalización das actividades subvencionadas, e rematará o 30 de abril de 2017».

Na páxina 48629, base décimo quinta, 1, último parágrafo, onde di:

«– Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de 6 meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de 8 representacións do espectáculo subvencionado (5 representacións se o espectáculo é de danza ou novo circo) co límite do 30 de setembro de 2016».

Debe dicir:

«– Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de 6 meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de 8 representacións do espectáculo subvencionado (5 representacións se o espectáculo é de danza ou novo circo) co límite do 30 de setembro de 2017».