Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2016 Páx. 2666

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 37/2015,
do 29 de setembro, de estradas

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 9 de decembro do 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 4, 5 e 18; a disposición adicional primeira; o anexo II en relación coa AP-9, autoestrada do Atlántico, e a AP-53, autoestrada central de Galicia; e a disposición derradeira quinta da Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas.

Segundo. Designar un grupo de traballo para proporlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 9 de decembro de 2015

Cristóbal Montoro Romeu

Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza