Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56415

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2017.

A Consellería do Medio Rural publicou o 14 de decembro de 2015 as bases reguladoras das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), mediante a Orde do 2 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2016.

Estas axudas derivan do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se crea una organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1307/2001 e (CE) nº 1234/2007, e o Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, polo que se establecen normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 479/2008 do Consello, así como do Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, modificado polo Real decreto 1079/2014, do 19 de decembro.

A posterior publicación do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 no referente aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008, e do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola, motivou a publicación do Real decreto 597/2016 para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola, e que derroga ao anterior Real decreto 1079/2014.

Por todo iso, resulta necesario realizar diversas modificacións nesta liña de axuda, para o que se considera aconsellable volver publicar na súa integridade as bases reguladoras das axudas, e a convocatoria correspondente ao ano 2017. En todo caso, e para os efectos de garantir o coñecemento por parte dos potenciais beneficiarios da normativa aplicable a estas subvencións, óptase por reiterar literalmente o real decreto estatal, ben que se inclúen certas especificidades sobre as bases estatais relativas principalmente aos criterios de priorización, á admisibilidade de modificacións e a excepcións na utilización dunha conta única para os pagamentos.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2017.

CAPÍTULO I
Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 2. Tipos de accións e duración dos programas

1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.

2. As ditas accións deberán levarse a cabo preferentemente no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolvan nun ou varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

3. Para cada período de programación, os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos para un determinado beneficiario nun terceiro país ou rexión dun terceiro país. Non obstante, se os efectos do programa o xustifican, poderase prorrogar unha vez por un máximo de dous anos, ou dúas veces por un máximo dun ano cada prórroga, logo de solicitude, de acordo co previsto no parágrafo 5 do artigo 8.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales as persoas físicas ou xurídicas privadas que operen principalmente na produción e/ou comercialización dos produtos do sector do viño mencionados no anexo IV desta orde.

b) As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro así como as organizacións profesionais e os grupos definidos no artigo 3, número 2, do Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, e as asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

c) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 2 do artigo 8 do Real decreto 597/2016, non serán admisibles as solicitudes de axuda de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

2. Os beneficiarios deberán demostrar que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos suficientes para asegurar que a medida se implementa o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

Artigo 4. Produtos e países admisibles

1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.

b) Viños con indicación xeográfica protexida.

c) Viños nos cales se indique a variedade de uva de vinificación.

2. Consideraranse elixibles para realizar medidas de promoción todos os terceiros países, e serán prioritarios os recollidos no anexo VII.

Artigo 5. Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o terceiro país ou países ou rexións do terceiro país ou países aos cales se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 1 de xuño de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países aos cales van destinados.

4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte do programa de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. Debe existir coherencia entre as estratexias propostas e os obxectivos fixados e o probable efecto e éxito no aumento da demanda dos produtos en cuestión.

7. O órgano colexiado previsto no artigo 10 do Real decreto 597/2016, para favorecer a coherencia e eficacia da medida, poderá establecer anualmente directrices sobre as campañas de información e de promoción, que se regularán polo disposto no referido real decreto.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos números seguintes.

2. Poderanse considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Os ditos custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo invertidas na operación por parte do persoal permanente do beneficiario.

3. Tamén serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que os ditos gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, se é o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.

4. As condicións para a subvencionabilidade destes e doutros gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.

5. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.

Artigo 7. Outros requisitos

O solicitante debe garantir que os custos propostos da operación proposta non superan os prezos normais do mercado. Para eses efectos, para todos os gastos presentados deberanse solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, así como para as persoas que actúen na súa representación.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria que deberá conter, polo menos, a información prevista no anexo II.

– Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes na copia do NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e a copia do DNI no caso de persoa física. En ambos os dous casos só será necesario a súa presentación se o solicitante denega expresamente a súa consulta.

– Copia compulsada do poder ou acordo do órgano competente, de ser o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes na data da solicitude.

– Copia compulsada das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Copia das declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

–- Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe xuntarse, ademais, un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo X debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente.

4. As accións e programas presentados deberán conter, polo menos, a información prevista no anexo II Memoria e:

– Cumprir o disposto nesta orde.

– Respectar a normativa da Unión Europea relativa aos produtos considerados e á súa comercialización.

– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que se poida avaliar a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.

– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.

5. No caso de prórroga dun programa, de acordo co parágrafo 3 do artigo 2, ademais da documentación prevista nos parágrafos 1 e 4 deste artigo, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. O devandito informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolvido, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.

6. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda) de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, a presentación da solicitude de axuda supón a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda, de acordo co establecido no artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. A documentación complementaria presentarana por vía electrónica, aquelas persoas obrigadas a iso. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamén poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

8. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9. Os beneficiarios que teñan a intención de xuntar certificados dos estados financeiros ás súas solicitudes de pagamento conforme o disposto ao artigo 15.7 do Real decreto 597/2016, deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda. Os ditos estados financeiros poderán consistir nas contas anuais do beneficiario, en función das obrigas contables correspondentes a el, segundo a súa personalidade física ou xurídica, ou noutro tipo de documentos.

Artigo 9. Instrución

1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, a unidade correspondente da dita dirección xeral requirirá o interesado para que a repare no prazo máximo e improrrogable de dez días, e indicaralle que, se non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento, nin incluíndo novos países nin conceptos para os que se solicita axuda.

3. Para a selección dos proxectos que se van aprobar, e para establecer a axuda que se vai conceder, utilizaranse os criterios de priorización indicados no anexo V desta orde. Para eses efectos, as solicitudes que cumpran todos os requisitos desta orde así como os establecidos no artigo 10 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, serán valoradas por unha comisión de valoración constituída do seguinte xeito:

– Presidente: o subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

– Vogais: dous funcionarios do Servizo de Industrialización e Comercialización.

– Secretario: un funcionario do dito servizo, que actuará con voz e sen voto.

4. A comisión de valoración emitirá un informe coa valoración das solicitudes aplicando os criterios de priorización establecidos, e que elevará á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta dirección xeral elaborará unha lista provisional coas accións e programas ordenados por puntos e que remitirá ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, antes do 1 de abril de cada ano.

5. De acordo co establecido no artigo 10 do Real decreto 597/2016, no seo da Mesa de Promoción Alimentaria, aprobada na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2007, integrada por representantes do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e das comunidades autónomas, constituirase unha Comisión Nacional de Selección de Programas.

Esta Comisión Nacional poderá, para cada exercicio Feaga e a partir das listas provisionais remitidas polas comunidades autónomas, propoñer á Conferencia Sectorial, segundo proceda:

a) Cando o gasto total previsto nas solicitudes seleccionadas non exceda o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida, a selección da lista dos programas que inclúa só a aqueles que superen un limiar mínimo de puntuación, así como o establecemento do dito limiar.

b) Cando o gasto total previsto nas solicitudes seleccionadas exceda o límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida:

1º. A selección da lista de programas por orde de puntuación ata o límite da ficha financeira para a medida, ou

2º. A selección da lista de programas con aqueles que acaden un limiar mínimo, proposto para cada exercicio, ata o límite da ficha financeira para a medida, así como o establecemento do dito umbral, ou

3º. A selección da lista dos programas que inclúa aqueles que superen a puntuación mínima proposta para cada exercicio, así como o establecemento do dito limiar, que no poderá ser inferior a 25 puntos e a aplicación dun rateo.

En tal caso, a Comisión proporá tamén á Conferencia Sectorial a porcentaxe de rateo á axuda, de tal maneira que o orzamento da axuda solicitada resultante da aplicación do dito rateo no poderá ser inferior ao 35 %, ata esgotar o orzamento da ficha financeira.

6. No caso de empate, segundo as puntuacións obtidas pola aplicación dos criterios de priorización, serán prioritarios en primeiro lugar os programas con maior puntuación no número 1.a). No caso de continuar o empate, en segundo lugar os de maior puntuación no número 2.a), e en terceiro lugar os que teñan máis puntos no número 2.c).

Artigo 10. Resolución

1. Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo de seis meses sen terse notificado aos interesados resolución ningunha, estes poderán entender desestimada a súa solicitude, de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Para o caso previsto no número 3 do punto 5.b) do artigo anterior, as resolucións poderán facer referencia á aplicación dun rateo e, en tal caso, cando haxa desistencias ou modificacións autorizadas de acordo ao artigo 11, a Comunidade Autónoma poderá realizar resolucións complementarias de acordo co previsto no número 7 do presente artigo.

3. A resolución de concesión indicará os gastos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se consideren necesarias para garantir o cumprimento dos obxectivos da axuda. Especificamente indicará o prazo máximo para a realización e xustificación dos gastos efectuados.

A dita resolución de concesión indicará tamén, expresamente, a procedencia dos fondos.

4. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural no prazo máximo de dous meses a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, de acordo coas condicións previstas no Regulamento delegado (UE) nº 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro, por un importe non inferior ao 15 % do montante anual do financiamento da Unión Europea, co fin de asegurar a correcta execución do programa.

No caso de que os beneficiarios sexan organismos públicos, estes estarán exentos de cumprir co requisito de ter que depositar a garantía de boa execución, tal e como establece o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

5. A obriga, segundo o artigo 66, número 1, do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola comunitaria, será a execución das accións obxecto da resolución favorable, que deberá alcanzar, polo menos, o cumprimento do 50 % do orzamento correspondente ao programa tal como se define no punto seguinte. Por debaixo dela procederase á execución total da garantía de boa execución, ademais de non pagar a parte executada independentemente da porcentaxe que sexa.

6. Para os efectos do cálculo da dita execución entenderase por orzamento do programa, o dobre da axuda autorizada, para o programa obxecto de resolución favorable, unha vez aplicado, se é o caso, o rateo da axuda previsto no punto 5.b).3 do artigo 9, e incluídas as modificacións orzamentarias previstas no número 3 do artigo 11, sempre que estas fosen previamente acreditadas e comunicadas polo beneficiario á Consellería do Medio Rural.

No caso de que houbera un rateo da axuda e co fin de asegurar a correcta aplicación dos supostos indicados no número 3 do artigo 11 relativo a pequenas modificacións, considerarase como importe da axuda para as distintas accións que compoñen o programa o resultante de aplicar a porcentaxe de rateo do programa a cada una delas.

7. No caso de producirse desistencias de beneficiarios con resolución estimatoria, ou de existir modificacións autorizadas de acordo co artigo 11, a Comunidade Autónoma enviará, como moi tarde o 1 de marzo de cada ano, a lista de programas revisada de acordo coas ditas desistencias e modificacións, para os efectos de coñecer os fondos que se liberen.

En tal caso, poderase propoñer á Conferencia Sectorial unha nova repartición dos ditos fondos con ámbito nacional, co fin de mellorar a dotación financeira dos programas que non fosen obxecto de desistencia nin modificación excepto as recollidas no número 3 do artigo 11. Os criterios de repartición destes fondos serán establecidos pola Conferencia Sectorial para cada exercicio en función das necesidades.

Artigo 11. Modificacións

1. Antes da presentación da solicitude de pagamento final, antes dos controis sobre o terreo previos ao pagamento final, e, en todo caso, antes da finalización da execución do programa, os beneficiarios poderán presentar modificacións dos programas inicialmente seleccionados, sempre que non comprometan os obxectivos dos programas no seu conxunto, non se modifiquen a alza os orzamentos dos programas, non supoñan cambios na admisibilidade, nin variacións da puntuación á baixa, estean debidamente xustificadas, se comuniquen á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda e estean autorizadas por ela. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos países nin o incremento ou diminución do orzamento aprobado para cada país e para o total do programa.

2. No obstante, poderase permitir que se efectúen de forma automática sen autorización previa da consellería pequenas modificacións dentro do importe da axuda subvencionable autorizado inicialmente, sempre que se cumpran os requisitos do parágrafo anterior.

3. Para os efectos previstos no número 2, entenderase como pequenas modificacións, entre outras, os seguintes supostos:

a) As transferencias financeiras entre as accións dun programa xa aprobado ata un máximo do 20 % do importe inicialmente autorizado para cada acción, sempre que non se supere o importe total da axuda autorizada para o programa.

b) As modificacións á baixa do orzamento do programa dentro do límite do 20 % sempre que sexan debidas exclusivamente a aforros orzamentarios, e se executen todas as accións; serán admisibles incluso se as ditas modificacións supoñen unha diminución da puntuación do programa.

Tales circunstancias deberán estar debidamente acreditadas, e serán comunicadas á Consellería do Medio Rural antes do 31 de decembro do ano de aprobación da axuda.

4. A Comunidade Autónoma comunicará ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, antes do 1 de febreiro de cada ano, as modificacións que se teñan producido e que afecten as anualidades en curso.

Artigo 12. Financiamento das axudas

1. O financiamento da Unión Europea das accións recollidas nesta orde realizarase de conformidade co artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e o Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola comunitaria.

2. A participación financeira da Unión nos programas seleccionados non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables. Nos programas de dous ou tres anos de duración o devandito límite considérase para cada ano de execución.

3. Só se concederá a axuda máxima do 50 % dos gastos subvencionables cando o grao de execución do orzamento do programa, tal e como se define no número 6 do artigo 10, obxecto de resolución acada polo menos o 70 %.

Se a execución do dito orzamento se atopa entre o 50 % e o 70 % aplicaranse os seguintes tramos de intensidade de axuda aos gastos subvencionables:

a) Un 40 % de intensidade da axuda se a execución e maior ou igual ao 65 % e menor do 70 %.

b) Un 30 % de intensidade de axuda se a execución e maior ou igual ao 60 % menor do 65 %.

c) Un 20 % de intensidade de axuda se a execución e maior ou igual ao 55 % e menor do 60 %.

d) Un 10 % de intensidade de axuda se a execución e maior ou igual ao 50 % e menor do 55 %.

Non se concederá axuda e executarase a garantía depositada se o grao de execución está por debaixo do 50 %.

4. A contía máxima de axuda solicitada por beneficiario non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado a esta medida na ficha financeira do programa de apoio para o exercicio correspondente. Esta limitación só será aplicable aos beneficiarios recollidos na letra a) do artigo 3, e só no caso de que os programas presentados non estean centrados na promoción dunha marca.

5. A achega económica dos beneficiarios poderá proceder de tarifas ou contribucións obrigatorias.

Artigo 13. Anticipos

1. O beneficiario, se non for organismo público, poderá presentar á Consellería do Medio Rural unha solicitude de anticipo que poderá chegar ao 80 % do importe da contribución da Unión Europea anual.

2. O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía por un importe igual ao 100 % do dito anticipo, de conformidade co Regulamento delegado nº (UE) 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo.

3. A garantía será liberada cando a Consellería do Medio Rural teña recoñecido o dereito definitivo a percibir o importe anticipado.

Artigo 14. Pagamentos

1. Poderase solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución da Unión Europea anual. As solicitudes referiranse ás accións realizadas e pagadas.

2. Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusividade para este fin, salvo as excepcións detalladas a seguir:

– Gastos de manutención cando se soliciten a tanto global.

– Gastos xerais do beneficiario: sempre que se tivese reservado unha partida específica para eles no orzamento recapitulativo do programa aprobado.

– Gastos da Seguridade Social e do IRPF.

– Pagamentos de nóminas.

– Viño empregado como material promocional.

– Pagamentos por compensación. Xa que se trata dunha práctica comercial habitual no sector, poderase aceptar o pagamento das facturas de accións de promoción mediante compensación con outras facturas emitidas polo beneficiario ao executor das ditas accións, sempre que se achegue xunto coa solicitude de pagamento a seguinte documentación:

– Un certificado do emisor da factura polas accións de promoción que deixe constancia do seu cobramento, e no que se identifiquen:

- Os datos do beneficiario.

- As facturas obxecto de compensación.

- O importe compensado.

– Copia das facturas que teña emitido con cargo ao executor das medidas de promoción e que teñan servido para efectuar a compensación, para os efectos da comprobación da veracidade dos pagamentos compensados.

3. As solicitudes de pagamentos intermedios deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural antes de que conclúa o mes seguinte a aquel en que expire cada período de catro meses, a partir do 1 de xuño. Estes pagamentos terán o carácter de pagamentos á conta. Cando se tramite un pagamentos á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 euros, o beneficiario deberá presentar, con anterioridade ao pagamento da axuda, unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobado o cumprimento de todos os requisitos para o pagamento da axuda.

4. Os pagamentos intermedios e o pagamento do anticipo previsto no artigo anterior non poderán sobrepasar no seu conxunto o 80 % do total da contribución da Unión Europea.

5. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade e, antes do 1 de xullo dese ano, o beneficiario solicitará o pagamento da axuda e presentará, preferentemente nos servizos centrais da Consellería do Medio Rural, sempre destinada á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, en Santiago de Compostela, a seguinte documentación:

a) Un informe resumo das actuacións desagregadas en actividades co correspondente importe orzamentario e o custo final de cada unha delas, e unha avaliación dos resultados obtidos que poidan verificarse na data do informe.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo XI, xunto cos orixinais das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados. No caso de accións cuxa execución se subcontrate a provedores de servizo, deberase achegar factura do dito provedor e proba do seu pagamento efectivo.

c) Declaración responsable relativa á conta bancaria mencionada no número 2 (nome do banco, sucursal e codificación bancaria) así como extracto bancario desta en que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas na letra b) do presente punto.

d) No caso de material promocional, de información e publicitario (catálogos, folletos, carteis, etc…), deberase presentar un exemplar orixinal deste. Ademais, o beneficiario deberá presentar unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material coa normativa da Unión Europea e que se cumpre a normativa de aplicación correspondente.

e) No caso de estudos de mercado e de avaliación de resultados, deberase presentar unha copia do estudo ou informe realizado.

f) No caso de incluírse novos gastos admisibles non recollidos na concesión da axuda, deberá achegarse a relación das ofertas solicitadas e elixidas para eles seguindo o modelo do anexo X, acompañada coa copia de todas as ofertas solicitadas incluídas na dita relación.

g) Declaración de concorrencia de axudas seguindo o modelo do anexo VI.

6. Así mesmo, de cara á xustificación técnica das accións, poderanse solicitar ao beneficiario medios de proba da realización das accións promocionais.

7. A Comunidade Autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento.

Artigo 15. Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá aboarlle a totalidade da subvención concedida.

No caso contrario, existirá un incumprimento, polo que se aplicarán os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos as actuacións obxecto da axuda, aboaráselle a subvención proporcional correspondente sempre que estea relacionada con actuacións finalizadas, xustifique cando menos o 70 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpran o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario execute entre o 50 % e o 70 % do orzamento total obxecto de resolución favorable e se cumpran o resto das condicións establecidas, a subvención para aboar determinarase conforme o establecido no número 3 do artigo 12 desta orde.

– Cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos ningunha das actuacións obxecto da axuda, ou ben se a dita execución ou xustificación non alcanza, como mínimo, o 50 % do orzamento total obxecto da resolución favorable, existirá un incumprimento total e non se lle pagará ningunha axuda.

Artigo 16. Pagamentos indebidos e sancións

1. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro que se aplicará será o de mora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 17. Controis

1. A Consellería do Medio Rural adoptará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control que deberá establecer o Fondo Español de Garantía Agraria, en colaboración coas comunidades autónomas. Para eses efectos, os beneficiarios das axudas deberán conservar a documentación relacionada coas operacións obxecto de axuda.

2. Efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento.

3. Anualmente realizarase un plan de controis sobre o terreo que incluirá unha mostra de, polo menos, o 5 % das solicitudes seleccionadas, así como o 5 % dos importes para os que se solicite axuda. Esta mostra será seleccionada cada ano sobre a base dunha análise de riscos e da representatividade das solicitudes de axuda presentadas. A eficacia da análise de riscos avaliarase e actualizarase anualmente de acordo co disposto no artigo 34.1 do Regulamento de execución (UE) nº 2016/1150.

A representatividade das solicitudes antes referidas garantirase seleccionando de forma aleatoria entre un 20 % e un 25 % do número mínimo de beneficiarios que deban ser sometidos a controis sobre o terreo. Levarase un rexistro dos motivos que teñan conducido á selección dun beneficiario determinado para os controis sobre o terreo. O inspector que realice o control sobre o terreo será informado deses motivos antes de iniciar o control.

4. Os controis sobre o terreo terán por obxecto a verificación da realidade e subvencionabilidade dos gastos e consistirán no cotexo das facturas e xustificantes presentados cos rexistros contables e, se é o caso, outros documentos xustificativos.

Na contabilidade xeral do beneficiario comprobarase que non se perciben axudas recollidas no artigo 16.2 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005, ou do Regulamento (UE) nº 1144/2014 sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello.

5. Poderán realizarse controis sobre o terreo dos programas de información e promoción nas dependencias do beneficiario ou da entidade que executa as accións de promoción á cal o beneficiario teña confiado a aplicación do programa de información ou promoción ou de partes dela. Os controis sobre o terreo poderanse anunciar cunha antelación máxima de 14 días.

Durante estes controis sobre o terreo, os inspectores poderán comprobar unha mostra equivalente, como mínimo, ao 30 % do importe da axuda solicitada e, como mínimo, ao 5 % do total das facturas ou outros xustificantes presentados ou cubertos polo certificado dos estados financeiros achegados ata o momento en que se efectúa o control sobre o terreo.

6. Ademais dos controis indicados nos puntos anteriores, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

7. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a Comunidade Autónoma remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 18. Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas tanto coa normativa comunitaria como coa lexislación do terceiro país en que se desenvolva o programa. Para iso o beneficiario presentará ante a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrías Agroalimentarias unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente, así como evidencias da proba de chegada a destino do material promocional utilizado por parte do destinatario no terceiro país, sempre que sexa susceptible de ser utilizado noutro mercado distinto ao país de destino.

O beneficiario deberá presentar, así mesmo, un exemplar do material promocional, de información e publicitario subvencionado.

Artigo 19. Obrigas do beneficiario

O beneficiario deberá cumprir as obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 20. Compatibilidade das axudas

1. Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural. Tampouco se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio, os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción do viño, regulados ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1144/2014 sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 3/2008.

2. A percepción das subvencións previstas nesta orde para financiar a operación presentada será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 21. Comunicación relativa aos anticipos

Para os anticipos concedidos segundo o artigo 13, o beneficiario deberá realizar cada ano ao organismo pagador antes do 31 de xullo xunto coa solicitude do pagamento do saldo da anualidade correspondente, unha declaración dos gastos que xustifiquen, o uso dos anticipos na anualidade correspondente e a confirmación do saldo restante do anticipo non utilizado. Esta declaración non será necesaria no caso de beneficiarios de operacións para os que a contribución da Unión sexa inferior a 5.000.000 de euros.

Artigo 22. Consentimentos e autorizacións

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas á súa presentación.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán acompañar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 23. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxectivo é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural, Secretaría Xeral Técnica, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Artigo 24. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á contas de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO II
Convocatoria das axudas para execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 25. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2017.

Artigo 26. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Artigo 27. Gastos atendibles na convocatoria de 2017

Para a convocatoria de 2017 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de xuño de 2017 e o 31 de maio de 2018.

Artigo 28. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, cunha dotación de 2.500.000 euros, e para o ano 2018 cunha dotación de 1.000.000 de euros.

Esta dotación poderá verse incrementada con fondos transferidos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, de acordo co previsto no Real decreto 597/2016 sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2017 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (CE) nº 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño, e das súas modificacións posteriores; e no Real decreto 597/2016, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, que recolle o conxunto de disposicións que desenvolve o programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 a 2018; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Disposición adicional segunda

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicada á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do estracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II
Memoria

I. Formulario do beneficiario.

Cubrir un único formulario por beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 3 da presente orde).

1.3. Trátase dun novo beneficiario? Si/Non.

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes:

– Representatividade (figuras de calidade a que pertence e número de tipos de viño que comercializa para cada unha).

– Importancia no sector (volume comercializado total e respecto á DOP/IXP a que pertence; valor da produción comercializada, valor da produción comercializada no exterior).

– A empresa utiliza marcas colectivas? Si/Non. En caso afirmativo, indicar as marcas e as empresas amparadas por cada unha delas.

1.5. Tipo de empresa.

– Especificar se se trata dunha entidade asociativa prioritaria ou dunha entidade de base pertencente a ela, recoñecida para o sector do viño, de acordo co Real decreto 550/2014.

– Especificar se se trata dunha entidade resultante dun proceso de integración acollida ao Real decreto 1009/2015, nos dous últimos anos anteriores á solicitude.

1.6. O beneficiario é un grupo empresarial? Si/Non.

En caso afirmativo, especifíquese diagrama do grupo empresarial (indicando porcentaxes) e cales son as adegas do grupo que participan no programa.

2. Acreditación da dispoñibilidade de recursos suficientes.

2.1. Balance de contas e copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) ou do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

2.2. Xustificación da dispoñibilidade de fondos suficientes para atender a parte do orzamento para a que se solicita cofinanciamento.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Especificar se os recursos son propios ou alleos.

Se se seleccionaron varios organismos de execución, indicar as actuacións que aplicarán cada un deles.

Definir a estrutura interna/externa (departamentos e funcións). Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal), datos do departamento de márketing (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa. Experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Diversidade de tipos de viño e zonas xeográficas en que está presente. Indicar as marcas comerciais dos diferentes tipos de viños.

4.2. Volume de comercialización e volume exportado nos tres últimos anos (detallando o volume para os países obxecto do programa).

4.3. Volume de comercialización dispoñible para posible resposta comercial.

II. Formulario de programa.

Cubrir un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produto(s).

Especifíquese a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando número e características.

1.2. Destino dos programas.

Especifíquense os países ou rexións do terceiro país de destino e detalle os motivos polos que foron seleccionados e as posibilidades de comercialización dos produtos nos destinos elixidos.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país)? Si/Non.

En caso afirmativo, especificar o(s) novo(s) país(es) de destino, así como o orzamento total destinado a eses novos países e a porcentaxe que representa sobre o total do programa.

1.4. Duración: 12-24-36 meses.

1.5. É continuación dun programa presentado no exercicio anterior? Si/Non.

1.6. Trátase dunha prórroga? Si/Non.

2. Obxectivo.

Especificar os obxectivos concretos e, se for posible, cuantificados.

3. Estratexia.

Especificar que instrumentos de márketing e comunicación se utilizarán para alcanzar os obxectivos do programa.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de cada unha das accións e actividades por país. Debe indicarse expresamente as canles elixidas previstas para o público destinatario.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as actividades (mencionar a cidade ou, en casos excepcionais, rexión; por exemplo, «os Estados Unidos» non é suficientemente preciso).

5. Público obxectivo.

Especificar se vai dirixido a consumidor, a distribuidores (supermercados, grosistas, retallistas especializados, abastecedores, restaurantes), a importadores, a líderes de opinión (xornalistas e expertos gastronómicos), a escolas de gastronomía e restauración,…

6. Mensaxes.

Sobre as cualidades intrínsecas dos produtos ou, no caso de tratarse de viños que contan cunha indicación xeográfica, a orixe do produto.

7. Repercusión previsible e método para medila.

Polo que se refire á evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Especificar e cuantificar a repercusión previsible en termos de resultados realistas.

7.2. Especifíquese o método (cuantitativo e/ou cualitativo) e os indicadores que se utilizarán para medir os resultados ou repercusións.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Describir o posible interese para a Comunidade Autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Elaborar conforme os modelos indicados:

– Un cadro recapitulativo de accións e actividades para cada país de destino que inclúa os gastos administrativos e os custos de persoal para este.

– Un cadro xeral cos totais para cada un dos países xunto cos gastos administrativos e os custos de persoal.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e á mesma orde que a descrición das accións e actividades.

ORZAMENTO DO PAÍS .... PARA O PERÍODO 1.6.2017 A 31.5.2018

Acción

Actividade

Importe (€)

1. Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade

Importe total acción «Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade»

2. Participación en feiras e exposicións

Importe total acción «Participación en feiras e exposicións»

3. Campañas de información

Importe total acción «Campañas de información»

4. Estudos de novos mercados

Importe total acción «Estudos de novos mercados»

5. Avaliación de resultados

Importe total acción «Avaliación de resultados»

ORZAMENTO TOTAL DO PAÍS ......

ORZAMENTO TOTAL DO PROGRAMA PARA O PERÍODO 1.6.2017 A 31.5.2018

Grupo do país (1, 2 ou 3)

País

Orzamento (€)

% do orzamento total

Novo país (S/N)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ORZAMENTO TOTAL PAÍSES

 

Gastos administrativos
(máximo 4 % do total países)

Custos de persoal
(máximo 13 % do total países)

ORZAMENTO TOTAL PROGRAMA

10. Outros gastos pertinentes.

Indicar outros datos non citados anteriormente que se consideren relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

ANEXO III
Accións e actividades de promoción

Accións

Actividades

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente

Misións comerciais

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.)

Promocións en puntos de venda

Portais web para promoción exterior

Misións inversas

Oficinas de información

Gabinete de prensa

Presentacións de produto

b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional

Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores

c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais

Estudos e informes de mercado

e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción

Auditorías de execución de medidas e gastos das operacións

ANEXO IV
Lista de produtos que poden ser obxecto de accións

1. Viño.

2. Viño de licor.

3. Viño espumoso.

4. Viño espumoso de calidade.

5. Viño espumoso aromático de calidade.

6. Viño de agulla.

7. Viño de agulla gasificado.

8. Viño de uvas pasificadas.

9. Viño de uvas sobremaduradas.

10. Viños ecolóxicos.

ANEXO V
Criterios de priorización

 

Puntuación máxima

1. Características do propoñente:

 

a) Programas presentados por novos beneficiarios

25 puntos

b) Entidade asociativa prioritaria ou entidade de base pertencente a ela ou entidade resultante dun proceso de integración

5 puntos

c) Beneficiarios que sexan produtores vitivinícolas

10 puntos

2. Características do programa:

a) Programas que teñan como obxectivo un novo país ou rexión de terceiro país

20 puntos

b) Destino dos programas

15 puntos

c) Alcance e cobertura do programa

15 puntos

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

a) Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade

10 puntos 

Valoración total xeral

100 puntos

1. Características do propoñente.

a) Programas presentados por novos beneficiarios (25 puntos), entendendo como tal aqueles que non teñan participado nunca ou cuxos programas nunca teñan sido seleccionados no marco desta medida.

b) Entidades asociativas prioritarias ou entidade de base pertencente a ela, recoñecida para o sector do viño, de acordo co Real decreto 550/2014, polo que se desenvolven os requisitos e o procedemento para o recoñecemento das entidades asociativas prioritarias e para a súa inscrición e baixa no Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias, previsto na Lei 13/2013, de fomento da integración de cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario, ou as entidades resultantes dun proceso de integración acollida ao Real decreto 1009/2015, nos dous últimos anos anteriores á solicitude (5 puntos).

c) Beneficiarios que sexan produtores vitivinícolas: entendendo como tal aqueles que, independentemente da súa forma xurídica, sexan elaboradores de viño (comercialicen ou non) (10 puntos).

2. Características do programa.

a) Programas que teñan como obxectivo un novo terceiro país ou novo mercado dun terceiro país, para o solicitante (20 puntos):

Puntuaranse unicamente os programas ou a parte dos programas dirixidos a terceiros países ou mercados de terceiros países que nunca antes teñan sido seleccionados para un determinado beneficiario. A puntuación repartirase de forma proporcional á porcentaxe do orzamento destinado aos novos países ou mercados, correspondendo os 20 puntos só aos programas nos que estes destinos supoñan o 100 % do orzamento.

b) Destino dos programas (15 puntos):

Os 15 puntos repartiranse segundo o grupo ou grupos de países do anexo VII aos que pertenzan os mercados elixidos para desenvolver os programas.

A repartición da puntuación farase con base na porcentaxe do orzamento destinado a ditos grupos de países prioritarios, asignando a puntuación da seguinte maneira, segundo proceda:

• Se polo menos o 75 % do orzamento está dirixido a países do grupo 1: mínimo 10 puntos; incrementando 1 punto ata chegar aos 15 puntos por cada 5 % de incremento no orzamento neses destinos.

• Se polo menos o 75 % do orzamento está dirixido a países do grupo 1 e/ou do 2: mínimo 5 puntos; incrementando 1 punto ata chegar aos 10 puntos por cada 5 % de incremento no orzamento neses destinos.

• Se polo menos o 75 % do orzamento está dirixido a países do grupo 1 e/ou do 2 e/ou do 3: máximo 5 puntos; concederase 1 punto ata chegar aos 5 puntos por cada 5 % de incremento no orzamento neses destinos.

• Programas con menos do 75 % do orzamento nos países prioritarios ata un máximo de 3 puntos: 1 punto se o orzamento neses destinos supón entre o 1-24 %, 2 puntos si supón entre o 25-49 % e 3 puntos si supón entre 50-74 %.

c) Alcance e cobertura do programa (15 puntos):

• A puntuación concederase da seguinte forma:

– 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de actividades previstas: dúas actividades = 2,5 puntos, tres actividades = 5 puntos, catro ou máis = 7,5 puntos.

– 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos do grupo destinatario (número de contactos previstos, etc.) entendendo por grupo destinatario: distribución, restauración, consumidor final distribuidor importador, e líderes de opinión: dous destinatarios = 2,5 puntos, tres destinatarios = 5 puntos, catro ou máis destinatarios = 7,5 puntos.

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

a) Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade (10 puntos).

missing image file

ANEXO VII
Lista de países prioritarios

Grupo 1:

Estados Unidos

Canadá

Xapón

China (incluídos Hong Kong e Taiwán)

Suíza

Rusia

México

Grupo 2:

Corea do Sur

Brasil

Noruega

Australia

Perú

Colombia

Singapur

República Dominicana

Cuba

Costa Rica

Panamá

Grupo 3:

India

Malasia

Filipinas

Vietnam

Porto Rico

Tailandia

ANEXO VIII
Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal
e gastos xerais, e outros

a) Custos de persoal da empresa dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa, mediante os datos do contrato, e cotización á Seguridade Social a cargo da empresa, e os impostos persoais á renda (IRPF). Tanto se é persoal técnico como administrativo deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b) Custos de persoal da empresa non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato cotización á Seguridade Social e o IRPF. Ademais, deberán achegar as correspondentes táboas horarias onde se indique a categoría profesional, o número de horas de dedicación, custo horario e custo total; así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia das devanditas táboas co programa e subvencionarase unicamente o importe xustificado mediante as devanditas táboas.

A suma das letras a) e b) (custos de persoal), non poderá superar o 13 % do total de custos do programa aprobado, por este motivo os ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

O beneficiario deberá presentar xustificantes que expoñan os detalles do traballo realmente efectuado en relación coa operación concreta ou con cada medida acción subxacente, se procede.

Para os efectos da determinación dos custos de persoal relacionados coa execución dunha operación por parte do persoal permanente do beneficiario, poderá calcularse a tarifa horaria aplicable dividindo por 1.720 horas os últimos custos salariais anuais brutos documentados dos empregados concretos que teñan traballado na execución da operación.

c) Gastos administrativos: serán subvencionables ata un límite dun 4 % dos custos subvencionables totais de execución das actividades promocionais e incluirán, se é o caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros indicado no artigo 15.7 do Real decreto 597/2016. Estes gastos para ser subvencionables deberán estar recollidos como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

d) Aloxamento, manutención e comidas colectivas:

– Aboarase unha axuda de custos máxima por aloxamento: 120 euros/día en España e 180 euros/día en terceiros países, logo de presentación das facturas pagadas.

– Aboarase unha axuda de custos a tanto global por estancia de 80 euros/día en España e 90 euros/día en terceiros países para cubrir todos os demais gastos (comidas, transporte local, teléfono, etc...).

– Estas axudas de custo aboaranse pola participación en eventos fóra do lugar de traballo, e cubrirán o número de días necesario para a realización da actividade. Para comidas colectivas aboarase un importe máximo de 60 euros/persoa en España e 70 euros/persoa en terceiros países logo de presentación de facturas.

e) Viño que se empregue como material promocional: no caso de catas, misións inversas e similares será de un máximo dunha botella por cada 6 participantes.

f) No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

g) No caso de actividades consistentes en oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será o 50 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

ANEXO IX
Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público cubertos polas axudas de custo diarias.

• Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre os ditos gastos atópanse, en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

• Perdas por cambio de divisas.

• No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (ex. custos de creación de páxinas web, anuncios de TV e radio, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado, etc.).

• Gastos que estean fóra do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Gastos equivalentes a descontos comerciais, nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

• Con carácter xeral, os tributos só poderán considerarse gastos subvencionables, sempre que o beneficiario os aboe efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Queda, por tanto, excluído o financiamento do imposto sobre o valor engadido (IVE) así como o imposto xeral indirecto canario (IXIC) na medida en que sexan deducibles.

missing image file
missing image file