Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (217/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 217/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Alfredo Morales Cajaraville contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a que segue:

Que estimo a demanda interposta por Alfredo Morales Cajaraville fronte á empresa Línea Norte Multiservicios, S.L. e declaro improcedente o despedimento do traballador demandante e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que o readmita nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboen unha indemnización de 1.128,61 euros (salvo erro aritmético).

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e a recorrente debe consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios do xulgado e Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza