Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (947/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento sobre seguridade social 947/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Masalo 10, S.L.U. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 24 de novembro de 2016, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución. O seu fundamento de dereito terceiro no seu último parágrafo e a súa resolución quedan fixados na forma que se especificará, e mantense integramente o restante contido:

“Fundamentos de dereito

Terceiro. É dicir, en relación coa cantidade aquí reclamada, prestacións de incapacidade temporal, do accidente cuxa responsabilidade se establece, sufrido por Gonzalo A. González Villavicencio, a razón de 108,05 euros, que foron descontados pola súa empregadora das súas cotizacións en relación con MC Mutual Midat Cyclops, que non consta que non fose aboada ao traballador, non cabe exixir responsabilidade do INSS posto que se trata dunha cuestión allea á garantía que estas asumen nas prestacións derivadas de accidente de traballo, e é unha cuestión derivada da relación de aseguramento empresa-mutua, polo que debe excluírse da responsabilidade e reintegro reclamado, quedando cuantificado polo tanto a razón de 1.576,59 euros…”.

Resolución

“...Que, estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por MC Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 1, contra a entidade Masalo 10, S.L.U. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, debo condenar e condeno a entidade Masalo 10, S.L.U. a que reintegre á mutua a cantidade de 1.684,64 euros en concepto de asistencias sanitarias e prestacións de incapacidade temporal, derivada dos accidentes de traballo sufridos polos traballadores da citada entidade, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, en caso de insolvencia da empresa, e en canto á cantidade de 1.576,59 euros...”.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza