Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2017 Páx. 2195

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (588/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 588/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Pazos Otero contra a empresa Mianka Tintorerías, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de decembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 588/2014, en que son parte, dun lado como demandante Laura Pazos Otero, representada pola oficial habilitada do procurador Sr. Painceira Cortizo, Julia Plaza Paraja, asistida polo letrado Sergio Fraga Mandián, e como demandada Mianka Tintorerías, S.L., que non comparece, con intervención do Ministerio Fiscal, representado pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Laura Pazos Otero, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mianka Tintorerías, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 11.930,86 euros polos conceptos reclamados en demanda, e estimando a excepción de prescrición proposta polo Fogasa respecto das cantidades reclamadas anteriores a un ano da data de presentación da papeleta de conciliación en caso de insolvencia empresarial e en canto á súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberán anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Mianka Tintorerías, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza